Mostrando entradas con la etiqueta Actividades Extraescolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades Extraescolares. Mostrar todas las entradas

26/11/25

25 DE NOVEMBRO EN SEARA

 Deixámosvos aquí algunhas fotiños da instalación e do acto co que no Ceip Seara dixemos NON á violencia de xénero. Ademais podedes ver o vídeo que preparou a rapazada de Infantil para esta data e escoitar o manifesto que escribiu o alumnado de 5º curso.



3/11/25

SAMAÍN EN SEARA

Un ano máis vivimos ao grande o Samaín en Seara: obradoiros de luz negra, adornos nas clases e corredores, manualidades para facer os agasallos do Migallo, obradorios sensoriais, exposición de cabazas na entrada do cole, contos de medo, composición e petición do Migallo polas aulas, gravación de programas de radio, cine, merendas terroríficas... Todo sen esquecer as nosas tradiccións e os seres máxicos desta época.


12/10/25

EXPOSICIÓN: FOTOS DO PROXECTO GALICIA MÁXICA

Grazas a colaboración das familias enchemos as escaleiras das fotos dos nosos alumnos no seu lugar favorito e máxico de Galicia.






9/9/25

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

Este ano o proxecto anual de centro chámase GALICIA MÁXICA  e tratará sobre a nosa terriña: "Só se ama aquilo que se coñece".

Neste primeiro día recibimos aos cativos cun agasallo moi especial: uns lapis que se plantan cando se acaban e dos que nacerán árbores: "das cousas pequenas... medran cousas xigantes".



3/1/25

NADAL SEARA 2024

Aquí tendes un resumo de tódalas actividades das que gozamos nas datas previas a Nadal.

30/10/24

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 Un ano máis as cabazas de Seara son impresionantes. Moitas grazas a todo o alumnado e as súas familias por un traballo marabilloso.

14/9/24

COMEZAMOS O CURSO 2024-2025

 CONVIVIR XOGANDO É O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DESTE CURSO 24-25 . 

COMEZAMOS:

17/2/24

ENTROIDO SEARALGAS

 A pesares da chuvia pasamos un marabilloso día de ENTROIDO, murgas, filloas, testamento e moitas gargalladas.

                

16/12/23

NADAL MARIÑO

 O mar tamén se encontra este curso nos adornos de nadal feitos por nós, para decorar os corredores.




27/4/23

O MAIO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Aí vén o maio! En Educación Infantil prepararon un precioso Maio para dar a benvida á Primavera, unha fermosa tradición que non debemos esquecer.