Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

3/6/26

CONTACONTOS DO IES A PARALAIA

 Os alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Paralaia estiveron compartindo unha xornada de contos dramatizados co noso alumnado de Ed. Infantil.

A Cebra Camila, Chibos chibóns. o Patiño Feo, o Gato Lambón, o Grúfalo e o Monstro de Ricardo foron algunhas das historias das que disfrutamos. Moitas grazas, chic@s!!!

29/5/26

VISITA DE RAMÓN D. VEIGA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria gozou coa visita de Ramón Veiga, quen lles falou do seu libro "Maios e Desmaios". Ademais aproveitou a ocasión para compartir co alumnado diferentes tradicións relacionadas coa noite máxica de San Xoán. A rapazada participou con moito interese e entusiasmo facendo moitas preguntas do seu libro e descubrindo moitas curiosidades sobre o San Xoán, especialmente sobre os rituais da auga e do lume.

Para rematar a actividade, todo o alumnado levou o seu exemplar asinado polo autor, polo que lle damos as grazas a Ramón pola visita ao noso centro e por compartir con nós os libros marabillosos que escribe, cos que soñamos, aprendemos e gozamos en cada lectura.

14/5/26

LECTURAS COMPARTIDAS: CONTACONTOS

 O alumnado de 5º curso de ED. Primaria foi ao longo destas últimas semanas (empezaron a Semana do Libro) a facer de contacontos a 1º de Ed. Primaria.

23/4/26

23 DE ABRIL: LECTURA NO PATIO

Unha das actividade para conmemorar a Semana do Libro foi saír ao patio para desfrutar de momentos de lectura ao aire libre, no noso lugar favorito. Alí compartimos historias e fomentamos o gusto polos libros nun ambiente diferente e especial, onde todos e todas gozamos moitísimo.

20/4/26

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

Empezamos a Semana do Libro coa exposición dos libros favoritos do alumnado. Despois de escribir nuns grandes murais o título do libro favorito de cada un, expuxémolos nun recuncho da entrada do colexio e contamos aos compañeiros e compañeiras porque eliximos ese libro. 

Grazas a tod@s por traer y compartir os vosos libros favoritos, pero, sobre todo, por  contarnos por que o son, regalándonos a vosa maneira de sentir cada unha das historias.

18/4/26

SABELA FERNÁNDEZ EN SEARA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo a sorte de coñecer á autora Sabela Fernández, creadora dun dos seus libros favoritos. Durante a visita, os nenos e nenas pasárono xenial facéndolle preguntas sobre a súa obra O ladrón de soños e descubrindo curiosidades sobre o proceso de creación das súas historias.

Como recordo deste encontro tan especial, todos os alumnos levaron o seu exemplar asinado pola autora, un detalle que, sen dúbida, gardarán con moito agarimo.

Moitas grazas por compartir o teu tempo e por regalarlos historias tan marabillosas. 

9/4/26

MIGUEL ANXO ALONSO DIZ EN SEARA

 Nesta ocasión foron os alumnos de terceiro os que tiveron a sorte de recibir a visita de Miguel co seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos".

27/3/26

CONTACONTOS DOS RAPACES DO INSTITUTO

Un grupiño de rapaces e rapazas de 2º da ESO do IES  A Paralaia (centro ao que estamos adscritos) viñeron a facer de contacontos co alumnado de Educación Infantil. 

Foi unha mañá máxica, moitas grazas, chic@s!

7/12/25

"LA MANO NEGRA" EN 5º DE PRIMARIA

 Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria leron xuntos un dos itinerarios lectores que temos na Biblioteca. Trátase de Aventuras de "La Mano Negra" de Häns Jurgen Press. Un libro cheo de aventuras, misterios e pistas co que gozaron moitísimo!


24/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: "CITA A CEGAS CUN LIBRO"

No día das Bibliotecas había un libro agardando por cada un dos alumnos e alumnas do cole, unha "cita a cegas", un libro sorpresa co que descubrir novos mundos e vivir grandes aventuras.


23/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS: CARTEL E CÓDIGOS QR

No Día das Bibliotecas invitámosvos a ver os dous vídeos aos que enlazan os códigos QR: "Érase una vez... las bibliotecas" e "Ler transpórtate".


    

30/5/25

ANIMACIÓN Á LECTURA NAS AULAS DE INFANTIL

 Durante este curso en Educación Infantil traballaron a animación á lectura a través da lectura de diferentes contos e con actividades relacionadas cos mesmos, tanto gráficas como expresivas. Abaixopodedes ver unha mostra dos traballos do alumnado.


25/5/25

KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA

 Como gozamos coa historia de Elefantita. Moitas grazas a Jacinto, o ilustrador do libro, e  á profe Gemma.

22/5/25

CHARLA CO ESCRITOR MIGUEL ALONSO DIZ

 A rapazada de 3º curso leu como itinerario lector "Axencia Galega de Asuntos Máxicos". Este xoves tiveron a oportunidade de charlar co autor do libro, Miguel Alonso Diz, preguntarlle todas as curiosidades que tiñan sobre o libro e sobre el, e pedirlle que lles adicara os libros. Moitas grazas polo teu tempo e a túa amabilidade, Miguel!



MIGUEL ALONSO DIZ EN RADIO SEARA

 Despois dunha moi interesante charla na Biblioteca do escritor Miguel Alonso Diz co alumnado de terceiro que leu o seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos", pareceunos moi importante que contestase en Radio Seara á pregunta de cales foron as súas razóns para escribir dito libro.