DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
7/4/26
OBRADOIRO EN CUARTO CURSO
13/11/25
PLAN DIRECTOR EN SEARA
Dentro do Plan Director para a mellora da convivencia e seguridade dentro dos centros educativos o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu formación sobre Acoso e Ciberacoso, e Delitos de Odio.
2/5/25
26/4/25
CANCIÓN CONVIVIR XOGANDO
Os alumnos e alumnas de 4º curso da profe Elisa escribiron e interpretaron esta canción sobre o proxecto deste ano "Convivir xogando". Mirade que fantástico traballo!
ENCRUCILLADO-MURAL DE CONVIVIR XOGANDO
Os alumnos e alumnas de Relixión realizaron este precioso mural onde expresaron o que significa para eles a frase "CONVIVIR XOGANDO", nome do noso PDI deste curso.
A partir da palabra CONVIVIR, xogaron coas letras dos seus nomes e, entrelanzándoas, fixeron un enorme encrucillado. Expresaron nunhas nubes o que habería que facer para ter unha boa convivencia, e finalmente sacaron fotos Xogando e Convivindo.
25/4/25
XOGOS CON BRAZOLINDA
Hoxe puidemos disfrutar dunha xornada de xogos de mesa organizada por "Brazolinda". Trátase dun proxecto de deseño e fabricación de xogox de mesa en galego, creados para que pequenos e maiores poidan xogar xuntos, entendendo o xogo de mesa dende un punto de vista actitudinal, dinámico, motor e mental. En definitiva, desenvolvendo habilidades que axudan a vincularse.
23/4/25
31/1/25
DÍA DA PAZ 2025
O alumnado do CEIP Seara expresou este 30 de xaneiro alto e claro o seu compromiso coa PAZ e o reixatemento á GUERRA cunhas fermosas palabras. Tamén cantaron o poema "No niño novo do vento" de Alvaro Cunqueiro, destacando a importancia da amizade entre as persoas e os pobos.
14/12/24
TORNEO DE NADAL
6/12/24
NOVEMBRO MES DA CIENCIA
No CEIP Seara este mes da ciencia nos adicamos a ampliar coñecementos curriculares relacionados con diferentes areas científicas, como a astronomía, botánica e o corpo humano. Profundizamos, en relación co PDI, no Xadrez, que está considerado como o deporte ciencia. Este xogo estratéxico foi obxecto de estudo e análise por parte de expertos en diversas áreas científicas, que descubriron que o xadrez e a ciencia están estreitamente relacionados con ámbitos científicos como a intelixencia artificial, as matemáticas, a neurociencia e a psicoloxía cognitiva.
23/10/24
SEXTO NO CAMIÑO
Como cada ano, o alumnado de Sexto de Ed. Primaria realizou un tramo de Camiño de Santiago. Unha experiencia moi enriquecedora onde viviron momentos de risa, de esforzo, de compartir, de poñerse no lugar do outro, de valorar...
"Unha aprendizaxe da vida e para a vida".
14/9/24
COMEZAMOS O CURSO 2024-2025
CONVIVIR XOGANDO É O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DESTE CURSO 24-25 .
COMEZAMOS:











.jpg)





