15/10/26

SAÍDA Á GRANXA CORAZÓN DE CARBALLO

 O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria gozou dunha xornada de convivencia en contacto coa natureza na granxa Corazón de Carballo subvencionada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa "Vive o rural".

14/10/26

AXUDANTES DA BIBLIO EN MARCHA!

 Un curso máis contamos de novo coa axuda dos nosos axudantes da biblioteca. Algúns continúan a súa labor do ano pasado e outros incorpóranse por primeira vez con moita ilusión por colaborar.

Durante o tempo de lecer realizan diferentes tarefas: colaboran no préstamo e devolución de libros, axudan aos máis pequenos a coñecer e empregar os xogos da biblioteca, colocan os libros no seu lugar, renovan a decoración segundo as distintas conmemoracións...

Hoxe traballaron arreo buscando e seleccionandolibros relacionados co Samaín para ir preparando a nosa biblioteca para esta celebración.

Moitas grazas pola vosa implicación!



9/10/26

NON É MAXIA É CIENCIA!

 Esta semana o alumnado de 3º de primaria recibiu a visita dunhas compañeiras de 4º, que nos sorprenderon cun experimento utilizando un vaso, un recipiente, auga e papel.

Con este experimento aprenderon que o aire existe e ocupa un lugar, aínda que non o podamos ver.

Foi unha experiencia moi divertida coa que aprendemos que, ás veces, o que parece maxia ten unha explicación científica.