Mostrando las entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas

23/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS: CARTEL E CÓDIGOS QR

No Día das Bibliotecas invitámosvos a ver os dous vídeos aos que enlazan os códigos QR: "Érase una vez... las bibliotecas" e "Ler transpórtate".


    

21/6/21

A HISTORIA DO SÉCULO XX CONTADA EN GALEGO

Varias alumnas de 6º curso, logo de aprender a historia de España do S.XX déronse conta de que non existe ningún formato audiovisual sobre este tema na nosa lingua. Así que botaron man da súa imaxinación, moito esforzo e traballo e elas mesmas crearon "A historia do S.XX" en galego. 

A verdade é que non podemos sentirnos máis orgullosos do seu traballo e é que o resultado final non é para menos. Parabéns rapazas!!


 
 Aquí ademais, podedes ver o paso a paso da creación no seguinte vídeo. 


25/11/20

25 DE NOVEMBRO

Este curso escolar sumámonos á iniciativa do Concello de Moaña realizando lecturas, debuxos, murais pósters e vídeos onde reivindicamos a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia machista. O Concello regalounos unhas máscaras coas que puidemos dar maior visibilidade a este día. 

Aquí tedes unha mostra dos traballos do noso alumnado!! Bo traballo rapazada!!






































22/4/20

22 DE ABRIL. DíA INTERNACIONAL DA TERRA

Hoxé é o Día da Terra e dende Voz Natura en colaboración coa biblio polo mes do libro, temos unha proposta moi chula que vos animo a que fagades, pois  é moi sinxela!
Consiste en facer un marcapáxinas con material de refugallo. Podedes utilizar como base un cartón de leite, ou tamén unha caixa de galletas, cereais, etc. Logo só tedes que deixar voar a vosa imaxinación e decorala con calquera material que teñades pola casa: fíos, papeis, algodón... moita cor e pegamento e...voilà! Seguro que o resultado é un marcapáxinas bonito, orixinal e único.



Si te animas a facelo, envíanos a túa foto a → abibliodesearin@gmail.com para despois poder publicala.

Aquí, déixovos este vídeo que invita a reflexionar un pouquiño sobre o que lle acontece ao planeta e como podemos axudalo a mellorar.









24/10/18

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares pedímoslle a nenos e nenas de todos os cursos que nos falaran da biblioteca do cole e dos libros que lles gustan. Abaixo tedes os vídeos, dende os maiores aos máis pequenos.




26/3/17

LORCA CON EMOCIÓN EN 6º B

Espectacular stopmotion realizada polo alumnado de 6º B co poema "la Tarara" de Federico García Lorca.

20/3/17

TEIJEIRO CON EMOCIÓN II

Tamén os nenos de 2º B fixeron unha simpática stop motion cun poema de Antonio García Teijeiro.


13/3/17

TEIJEIRO CON EMOCIÓN

Neste mes da poesía continuamos facendo stop motions. Neste caso son os alumnos de 2º A os que puxeron imaxes e voz a un fermoso poema de Antonio García Teijeiro


13/2/17

STOP MOTION

Película realizada por alumnado de 6ºB coa app stopmotion studio

31/1/17

SEGUIMOS PROBANDO CO STOP MOTION

 Os alumnos de 6º B continúan facendo stopmotions









23/12/16

STOP MOTION FELICITANDO O NADAL



Polo Nadal fixemos felicitacións en stopmotion coa Nintendo e o programa Pic-pac



1/4/16

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. 2 DE ABRIL

O día 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación sobre o Austismo.
É moi importante coñecer este problema porque afecta a uns cincuenta mil nen@s en España e non debemos esquecer que teñen os mesmos dereitos que o resto dos nen@s, sobre todo o dereito a ter unha vida digna e feliz.

O AUTISMO, COMO O ESENCIAL, É INVISIBLE AOS OLLOS, VESE CO CORAZÓN.

Así estaba hoxe a nosa escola

A continuación podedes ver dous vídeos elaborados polo alumnado de dous centros de ensino de Moaña. O primeiro realizouse no IES AS BARXAS e o segundo está feito polo alumnado do CEIP SEARA coa colaboración dun pai.






9/12/15

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro é o Día dos Dereitos Humanos. O seguinte vídeo titúlase "UNIDOS" e trata de concienciar sobre a importancia de loitar tod@s xunt@s na defensa dos dereitos humanos e da paz.