Mostrando las entradas con la etiqueta inicio curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta inicio curso. Mostrar todas las entradas

10/9/25

PRIMEIRO DÍA: PRIMEIROS SERES MÁXICOS

Neste primeiro día tomamos contacto co proxecto anual, Galiza Máxica, cunha ximcana adaptada a grandes e pequenos e na que buscamos polos patios do colexio os seres míticos que por alí andaban agochados.

9/9/25

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

Este ano o proxecto anual de centro chámase GALICIA MÁXICA  e tratará sobre a nosa terriña: "Só se ama aquilo que se coñece".

Neste primeiro día recibimos aos cativos cun agasallo moi especial: uns lapis que se plantan cando se acaban e dos que nacerán árbores: "das cousas pequenas... medran cousas xigantes".



14/9/18

COMUNICANDO

Comeza un novo curso, e con el un novo proxecto no noso colexio. Este ano os medios de comunicación serán os protagonistas: xornais, radio, televisión... Todo o que imos facer e aprender!
Internet e os noso blogues serán os nosos aliados para dar a coñecer o traballo que imos facer...
SEARA...COMUNICANDO!



2/10/17

MOCHILAS VIAXEIRAS

Unha vez preparadas, as mochilas viaxeiras deste curso están xa nas súas respectivas aulas e comezan unha fermosa viaxe polas casas dos nosos alumnos.

1/10/17

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIA NA BIBLIOTECA

A Biblioteca inaugurouse hoxe cunha pequena exposición dalgúns dos libros de Ciencia que temos.


28/9/17

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Os axudantes da Biblioteca están xa preparados para a apertura da Biblioteca o vindeiro luns, de feito, estiveron xa traballando e preparándose.


25/9/17

NOVOS LECTORES NA NOSA BIBLIOTECA

O alumnado novo no colexio fixo unha pequena visita á Biblioteca e recibiu o seu carné. Tanto os pequenos de 3 anos coma os novos alumnos esperan impacientes a apertura da nosa biblio.


17/9/17

COMEZA UN NOVO CURSO

Comeza un novo curso no noso colexio. Este ano todo vai xirar en torno á CIENCIA e imos poñer as nosas cabezas a pensar e aprender, por iso o noso proxecto recibiu o nome de EXPERI-MENTES e Searín converteuse nun intelixente científico.







3/10/16

E CHEGOU OUTUBRO... E ABRIU A BIBLIOTECA

O tan ansiado día chegou: A Biblioteca de Seara abriu as súas portas. Algúns personaxes  levaban días anunciando o evento polas portas e corredores: Esperaban polos lectores na nova exposición da biblio relacionada co proxecto anual de animación e banda deseñada.

2/10/16

OS NOSOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este curso voltamos contar con un bo grupo de axudantes de Biblioteca: Aquí os tedes!


29/9/16

CARNÉS PARA OS NOVOS ALUMNOS

Os novos alumnos e alumnas do cole viñeron pola Biblioteca a recoller os seus carnés. Xa estamos todos preparados para a apertura da Biblioteca!




12/9/16

COMEZA O CURSO 2016-2017

Xa de novo no cole! E Searín estaba esperándonos na porta vestido de superheroe, e é que este curso o noso proxecto está relacionado coa animación, a banda deseñada e os debuxos animados.








1/10/15

E CHEGOU OUTUBRO...

Neste mes abre a Biblioteca e con ela un mundo de fantasía. Cantos libros e historias agardando por nós!
Ademais da exposición dos libros sobre o proxecto "Sons de Galiza",chegaron os carnés para o novo alumnado e as tan esperadas mochilas viaxeiras. Agora a gozar delas!