Mostrando las entradas con la etiqueta Xadrez. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Xadrez. Mostrar todas las entradas

18/10/25

REMATOU O TORNEO DE XADREZ

Aquí tedes aos gañadores do primeiro Torneo de Xadrez. Noraboa, chicos! 


Abaixo podedes ver o premio que recibiron todos os participantes no torneo, unha peza de xadrez impresa
na impresora 3D e co nome do colexio na base.



2/10/25

PREPARANDO O TORNEO DE XADREZ

Durante os recreos na Biblioteca son moitos os nenos e nenas que aproveitan para xogar ao xadrez, e agora están aínda máis motivados pensando no próximo torneo de xadrez

Pero o máis importante é que, neste tempo, varios alumnos e alumnas de sexto están ensinando aos máis pequenos os rudimentos do xadrez. Son moi bos maestros, porque os peques aprenden moi rápido.

29/5/25

TOLOS POLO XADREZ

 As tardes na biblio de Seara a miudo convértense nun improvisado torneo de xadrez.


20/12/24

CAMPIÓNS DO TORNEO DE NADAL

 Queremos darlle moitos parabéns ao campión do Torneo De Xadrez de Nadal, Alonso; ao finalista, Brais; e aos dous semifinalistas Darío e Iago. Tamén queremos felicitar a todos e todas as participantes, a vosa actitude e comportamento foi exemplar e de sincero compañerismo. Estamos moi orgullosos do alumnado que temos en Seara. Sodes fantásticos!


14/12/24

TORNEO DE NADAL


 Ao longo deste mes de decembro oa rapazada de 5º organizou un torneo de xadrez no que puideron  participar nenos e nenas de toda primaria. Foi todo un éxito!









6/12/24

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

No CEIP Seara este mes da ciencia nos adicamos a ampliar coñecementos curriculares relacionados con diferentes areas científicas, como a astronomía, botánica e o corpo humano. Profundizamos, en relación co PDI, no  Xadrez, que está considerado como o deporte ciencia. Este xogo estratéxico foi obxecto de estudo e análise por parte de expertos en diversas áreas científicas,  que descubriron  que o xadrez e a ciencia están estreitamente relacionados con ámbitos científicos como a intelixencia artificial, as matemáticas, a neurociencia e a psicoloxía cognitiva.

30/11/24

RETOS DE XADREZ NA BIBLIOTECA

No panel da biblioteca tedes un montón de desafíos ou retos para xogadores e xogadoras de xadrez. Mira ben os desafíos: a onde debes mover o alfil? E o cabalo? e as brancas?... Para resolvelos mellor usade as plantillas que hai na mesa, e se vos resulta difícil podedes ler as pistas.