Mostrando las entradas con la etiqueta poemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta poemas. Mostrar todas las entradas

21/3/26

MES DA POESÍA: ESCRIBIMOS POEMAS

Con motivo do Día da Poesía, o alumnado elaborou orixinais caligramas, unha forma artística de expresión na que as palabras se combinan con imaxes para transmitir mensaxes poéticas de maneira visual. Tamén elaborou acrósticos, uns pequenos poemas nos que se escribe unha palabra cara abaixo (en vertical) e se usa cada unha desas letras para iniciar un verso, ao ler as letras darriba a abaixo descúbrese a palabra secreta.


4/11/25

NO SAMAÍN PEDIMOS O MIGALLO

 Abaixo tedes algúns migallos cos que o alumnado pediu o seu agasallo nas aulas que lles corresponderon.


21/3/25

DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO

 O alumnado de 6º EI creou e recitou pareados inspirados pola lectura do libro "Si yo fuera un león" de Isabel Pin.

5/11/24

OUTONO EN SEGUNDO

 A rapazada de segundo recita un poema de outono ao tempo que mostra as súas creacións otoñais.

12/11/23

POEMA DE OUTONO

O alumnado de 1º curso de Primaria recita un pequeno poema sobre o outono.

28/5/23

POEMAS EN SEGUNDO DE PRIMARIA

 O alumnado de 2º curso preséntanos os poemas que (ademais do de Campanas de Bastabales) aprenderon este curso. 

26/2/21

DEBUXAMOS INSPIRÁNDONOS EN ROSALÍA

Co galo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de primeiro e segundo encheron o corredor do primeiro andar con debuxos inspirados na nosa escritora máis célebre. 

Así pois, en primeiro decidiron facer retratos de Rosalía inspirándose na canción  "Rosalía pequeniña", e aínda que aparecen Rosalías de todos os tipos, sen dúbida algunha a que triunfou foi a "Rosalía pirata". 




En segundo a inspiración veu dada polo poema "Adiós ríos, adiós fontes" e a partir do mesmo realizaron uns cadros preciosos cheos de cor e formas. 




Noraboa polo traballo rapazada!!



24/2/21

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

 O 24 de febreiro celebramos o nacemento da nosa escritora máis célebre: Rosalía de Castro.  Este ano quixemos homenaxeala poñendo música aos seus poemas máis coñecidos e a verdade é que non podemos estar máis orgullosos do gran traballo que fixemos! 

O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria cantaron a célebre canción de Uxía "Rosalía pequeniña".

         

O curso de 3º de Primaria animouse a cantar o poema "Maio longo".

   


A rapazada de 4º de Primaria tamén nos deleitou cantando o poema "Has de cantar" dende a radio.

 

 O alumnado de 5º e 6º animouse a subir á radio a rapear “Adiós ríos, adiós fontes” e “Negra sombra”. 





1/6/20

O PDI EN 4º E 5º: XAPÓN A TRAVÉS DOS HAIKUS

Antes de comezar o confinamento, o alumnado de 5º estaba aprendendo un montón de cousas sobre Xapón: historia, arte,cultura en xeral, gastronomía, deportes....Tamén traballaron sobre lendas e pintaron as típicas cerdeiras en flor e a "gran onda", viron anime, etc.
Aquí tedes algunhas fotos do mural que presentaron no corredor do segundo piso.









Durante esta etapa na casa, tanto a rapazada de 5º como o alumnado de 4º cuso, escribiron e decoraron HAIKUS. Os haikus son poemas antigos de orixe xaponés formados por tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, sen rima.

Mirade que traballo máis interesante realizaron!!

HAIKUS DO ALUMNADO DE 4º CURSO (Preme sobre a imaxe para poder acceder)



HAIKUS DO ALUMNADO DE 5º CURSO





Hecho con Padlet

1/4/19

MES DA POESÍA: COMPIPOEMARIO EN 5 ANOS

Os rapaces de 5 anos elaboraron este precioso poemario do que xa temos unha copia na biblioteca.

28/3/19

POEMA DOS NOMES

Os nen@s de 3º A recitan o poema que escribieron sobre os seus nomes.

26/3/19

TERCEIRO RECITA POEMAS EN RADIO SEARA

Os rapaces de terceiro recitaron poemas de Antonio García Teijeiro relacionados coas estación do ano.

29/3/18

POEMANDO NA ESCOLA: AS NOSAS CREACIÓNS

 Entre o noso alumnado hai grandes poetas e poetisas.

ACRÓSTICOS

Os acrósticos tiveron gran éxito, e aos nenos e nenas de Seara déuselles moi ben crealos.

28/3/18

POEMANDO NA ESCOLA

Colléndolle emprestado o título a Antonio García Teijeiro do seu libro "Poemar o mar" (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil  e o último itinerario lector incorporado á nosa biblioteca), as actividades do Mes da Poesía recibiron o nome de "Poemando na escola". Así o alumnado, nas distintas clases, escribiu poemas (tanto de creación propia coma de autores coñecidos), acrósticos, caligramas, os máis pequenos debuxaron ou completaron... Queriamos que a primavera chegase a escola da man da poesía.
O resultado: o corredor do primeiro andar encheuse de primavera, con flores e poemas en cada recuncho.

24/3/18

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Celebramos o Día da Poesía invitando ao alumnado a recitar poemas na Biblioteca durante a hora do recreo. Aquí tedes un pequeno resumo do acontecido:

26/3/17

LORCA CON EMOCIÓN EN 6º B

Espectacular stopmotion realizada polo alumnado de 6º B co poema "la Tarara" de Federico García Lorca.