Mostrando las entradas con la etiqueta busca de información. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta busca de información. Mostrar todas las entradas

1/3/26

PROXECTO DO UNIVERSO EN 4º DE PRIMARIA

 O alumnado de 4º curso de primaria estivo co proxecto do Universo. O seu traballo de investigación na biblioteca culminou coa realización dunhas maquetas e as distintas presentacións na aula.

15/11/25

RETOS DO MES DA CIENCIA EN GALEGO: DETECTIVES STEM

 Xa andan moitos detectives pola biblioteca investigando para poder unir os nomes de científicas e científicos galegos do panel (Ángel Carracedo, Rita Fernández Queimadelos, Ángeles Alvariño, Domingo Fontán e Begoña Vila)  coa imaxe que se corresponde coa súa profesión steam, e tamén para poder descubrir os seus logros.

25/3/25

A GALIÑA DE MOS: OVOS EN SEGUNDO

 Ao longo deste mes, o alumnado de 2º de Educación Primaria aprendeu moitas curiosidades sobre os ovos, os pitos e a raza da galiña de Mos. Tiveron na súa aula unha incubadora con ovos, e despois de agardar con moita paciencia... naceron os pitiños e con eles chegou a primavera.

Grazas a Diego e a AVIMO, Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, pola súa labor dedicada ao ensino, divulgación  e conservación de razas autóctonas galegas.


20/2/25

NATURNOVA

O alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º Educación Primaria realizaron unha visita cultural a Naturnova . Alí gozaron da exposición "Voar coa imaxinación" e ampliaron os seus coñecementos sobre o universo co que completaron o que xa investigaran na biblioteca do cole.


13/2/25

CHARLA EDUCACIÓN SEXUAL


Obradoiro de educación sexual en sexto de educación primaria guiado pola especialista @tumatronasexologa, resolveu múltiples dúbidas e animou ao alumnado a profundizar no tema, consultando os libros de educación sexual que temos na biblioteca. Grazas Marta por estar con nós.

21/1/25

INVESTIGAMOS E XOGAMOS ÁS BÓLAS

 O alumnado de segundo de primaria investigou as diferentes maneiras de xogar ás bólas e o alumnado de cuarto puxo en práctica as súas instruccións.


8/3/20

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Este curso para celebrar o 8M realizamos distintas actividades.
Por unha parte, debuxamos e pintamos en depresores de madeira unha muller importante para nós.
O resultado de todos os depresores pegámolo sobre un mural que o alumnado de Educación Infantil pintou e que podedes encontrar na entrada do centro.
Mirade que chulo quedou!






Por outra banda, cada clase centrouse nunha ou varias mulleres aventureiras ou pioneiras. Investigaron por equipos sobre elas e plasmaron o resultado en cartolinas. Ademais, con pequenas lupas, situáronas no mapa, tendo en conta o seu país de orixe.
Cantas destas mulleres coñecías ti? Non che parece interesantísimo quenes foron ou son e o que conseguiron facer?



24/1/20

INVESTIGAMOS...

Unha das características do desenvolvemento do PDI é iniciar ao alumnado na aprendizaxe de busca de información e investigación. Na biblio temos un montón de libros sobre o proxecto nos que atopar moita información relevante.
E así,pasiño a pasiño e coa axuda das profes imos aprendendo e descubrindo as cousas que o mundo ten gardadas para nós!


6/6/19

NA BUSCA DE MONUMENTOS

O alumnado de Educación Infantil de 5 anos e  o de Cuarto de Primaria descifraron xeroglíficos  que os levaron a procura  de monumentos ocultos por todo o edificio de primaria. Logo completaron unha ficha cos seus coñecementos e a axuda dos libros da biblioteca.

8/3/18

AS MULLERES CIENTÍFICAS DAS NOSAS PISTAS

Estas son as mulleres científicas que coñecemos estes días a través do xogo de pistas:


DÍA 1: WANGARI MAATHAI (1940-2011)

Bióloga e ecoloxista. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004. Foi a primeira muller en África Oriental e Central en obter un doctorado. En 1977 iniciou o Green Belt Movement para combatir a deforestación: animando ás mulleres a plantar árbores e a pensar de maneira ecolóxica.






DÍA 2: MARÍA SYBILLA MERIAN (1647-1717)
Naturalista, exploradora e pintora.
Considerada actualmente como unha das máis importantes iniciadoras da entomoloxía moderna, grazas as súas detalladas observación e descripcións, con ilustración propias, da metamorfose das bolboretas e os seus debuxos de insectos.






DÍA 3: MARGARITA SALAS (1938)

Bioquímica, xenetista molecular e profesora de universidade. Traballou con Severo Ochoa.
As súas aportacións á Ciencia son moitas, pero destaca a súa investigación sobre a enzimoloxía e os seus traballos sobre Xenética e o ADN. O seu traballo é fundamental no desenvolvemento da Bioloxía Molecular en España.




DÍA 4: MARGARET HAMILTON (1936)

Matemática, científica computacional e enxeñeira de sistemas. Entre outros cargos foi responsable do desenvolvemento do software de voo a bordo das computadoras da misión espacial Apolo, sen ela a humanidade non tería chegado á Lúa.
Na foto está co software que enviou o home á Lúa.






DÍA 5: PATRICIA BATH (1942)

Oftalmóloga, inventora e académica. Foi a primeira muller afroamericana en recibir unha patente con finalidades médicas. Propietaria de catro patentes, inventou, entre outras, a sonda Laserphaco,  que se utiliza no tratamento  de cataratas. Con ela curou a cegueira de millóns de persoas no mundo.



https://mujeresconciencia.com/2015/06/12/angeles-alvarino-cientifica-gallega-2015/ DÍA 6: ÁNGELES ALVARIÑO (1916-2005)

Oceanógrafa galega. Especializouse en zooplancto e foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación británico.
No curso das súas investigacións descubriu doce novas especies de Chaetognata (quetognatos), nove especies de Siphonophora (sifonóforos), e unha nova especie de medusa. En total, 22 novas especies para a Ciencia.
Clicade na imaxe se queredes saber máis cousas sobre ela.