Mostrando las entradas con la etiqueta investigadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta investigadores. Mostrar todas las entradas

13/5/26

TRABALLANDO A HISTORIA EN 6º CURSO

O alumnado de sexto elaborou unha televisión de cartón na que se poden visualizar as diferentes etapas, da Prehistoria ata a Idade Contemporánea.

Esta actividade enmárcase nun traballo de investigación no que o alumnado afondou nas distintas etapas da Prehistoria e da Historia a través da consulta de diversas fontes de información. Posteriormente, no marco da Biblioteca Creativa do centro, transformaron os coñecementos adquiridos nun produto artístico e manipulativo, empregando unha televisión de cartón como soporte para representar visualmente os períodos estudados.

A etapa na que máis se detiveron foi a Idade Contemporánea, debido á súa relevancia para comprender o mundo actual.

Como peche da actividade, o alumnado realizará unha exposición oral por grupos diante dos seus compañeiros e compañeiras. Cada grupo centrará a súa presentación nun acontecemento histórico concreto, como a Guerra Civil Española, a Segunda Guerra MUndial, ou o Franquismo, compartindo os coñecementos adquiridos e favorecendo a reflexión sobre estes períodos da nosa historia.

27/4/26

PEQUENOS XORNALISTAS EN 1º CURSO

Despois da visita do xornalista Xosé Manuel, do Faro de Vigo, o alumnado de 1º converteuse en auténticos reporteiros de investigación. Animáronse a crear o seu propio xornal, titulado "Faro de Moaña", no que puxeron en práctica todo o aprendido: investigaron temas do seu contorno, realizaron entrevistas, deseñaron anuncios e descibriron que unha boa noticia debe ser actual, interesante e, sobre todo, veraz. Abaixo tedes o seu traballo.

17/4/26

MÁIS SERES MÁXICOS GALEGOS

 A rapazada de 5º de Primaria investigou sobre algúns seres máxicos galegos dos que non falamos nos calendarios. Podedes ver os seus traballos no segundo andar.


28/3/26

SERES MÁXICOS GALEGOS

A rapazada de 5º de primaria estivo investigando sobre máis seres máxicos das lendas que viven na memoria e no imaxinario colectivo do noso pobo.

1/3/26

PROXECTO DO UNIVERSO EN 4º DE PRIMARIA

 O alumnado de 4º curso de primaria estivo co proxecto do Universo. O seu traballo de investigación na biblioteca culminou coa realización dunhas maquetas e as distintas presentacións na aula.

9/2/26

RETO DE ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Xa temos un novo reto na biblioteca, neste caso para os máis maiores, os pequenos poden facelo coas profes. Abaixo tedes o reto e as investigacións que hai que levar a cabo. Podedes usar os libros da exposición da biblio e o enlace que tedes no PDF.



15/11/25

RETOS DO MES DA CIENCIA EN GALEGO: DETECTIVES STEM

 Xa andan moitos detectives pola biblioteca investigando para poder unir os nomes de científicas e científicos galegos do panel (Ángel Carracedo, Rita Fernández Queimadelos, Ángeles Alvariño, Domingo Fontán e Begoña Vila)  coa imaxe que se corresponde coa súa profesión steam, e tamén para poder descubrir os seus logros.

1/10/25

XOGOS DE PISTAS NA BIBLIOTECA

Empezamos outubro cun xogo de pistas na Biblioteca, está relacionado co noso proxecto: Galicia Máxica; e está adaptado ás distintas idades. Toda a información que necesitades para resolver as pistas está na biblioteca, ánimo coa investigación! Sortearemos un agasallo entre aqueles que acerten.



20/2/25

NATURNOVA

O alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º Educación Primaria realizaron unha visita cultural a Naturnova . Alí gozaron da exposición "Voar coa imaxinación" e ampliaron os seus coñecementos sobre o universo co que completaron o que xa investigaran na biblioteca do cole.


15/11/21

Mes da ciencia en galego

 

Ao longo do mes novembro, realizáronse diversas actividades nas aulas para conmemorar o mes da ciencia.

Este texto do científico Ángel Carracedo resultou moi interesante para ler e debatir co alumnado.


Ademais tamén se realizaron experimentos e a exposición de traballos de investigación.










17/6/21

AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: MARY KINGSLEY

Xa está aquí a última entrega do programa "Aventureiras intrépidas" deste curso 2020/21. Unha vez máis, o alumnado de terceiro subiu á radio para achegarnos unha nova muller que marcou un antes e un despois para a súa época: Mary Kingsley

 A exploradora e escritora viviu aventuras moi perigosas arriscando a súa vida, mais a súa intelixencia e valentía valéronlle para continuar coa súa paixón sen decaer en ningún momento. 

Vaivos encantar este novo episodio, pois está cargadiño de curiosidades e viaxes cheas de peripecias.

Parabéns unha vez máis terceiro, polo gran traballo que fixestes!!

 Moitas grazas por este programa fascinante!!

1/6/21

AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: AMELIA EARTHART

Todos estabamos desexando que chegara unha nova entrega do programa "Aventureiras intrépidas". Despois de ter a oportunidade de coñecer mellor a Wangari Maathai e Nelly Bly, o alumnado de 3º volveu subir á radio para agasallarnos coa historia doutra muller valente que marcou historia: Amelia Earthart, a muller piloto máis famosa de todos os tempos.

Preparados para gozar coa traxectoria desta muller tan interesante? Preme no reprodutor e quédate ata o final! 

Parabéns polo traballo, terceiro!

24/5/21

AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: NELLY BLY

 Xa temos unha segunda entrega do programa "Aventureiras intrépidas"!! Desta volta o alumnado de 3º centrouse nunha muller cunha traxectoria moi interesante: a xornalista e aventureira Nelly Bly. 

Xa veredes que interesante é o programa de hoxe! Xa vos aviso de que ides quedar engaiolados co programa ata o final!!

11/5/21

O ODS 15 POLO ALUMNADO DE TERCEIRO

O alumnado de terceiro estivo traballando sobre o Obxectivo 15 da Axenda 2030: "Vida de ecosistemas terrestres"

Por un lado averiguaron cales son as distintas formas de contaminación ás que se enfrontan os hábitats terrestres e os animais que habitan neles, e por outro lado investigaron cales son as posibles solucións que pode haber para estes problemas. 

A continuación podedes ver todos os seus traballos que están actualmente expostos no corredor do primeiro piso.

 

 Moi bo traballo rapaces/as!! Noraboa! 

 



3/5/21

AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: WANGARI MAATHAI

Despois de realizar o obradoiro "Aventureiras intrépidas" con Charo Pita, o alumnado de 3º seguiu investigando sobre as mulleres valentes que se atreveron a romper moldes e cambiar a historia. 
Desta volta, achégannos dende a radio a interesante historia de Wangari Maathai. 

Quedades a escoitala? É moi interesante e seguro que vos encanta saber a cantidade de cousas importantes que fixo por África e tamén polo noso planeta. 

17/12/20

OS EXPERIMENTOS DE 4º DE PRIMARIA

 O alumnado de cuarto curso levou dous experimentos aos compañeiros/as de segundo. 

O primeiro deles consistiu en meter dentro dun vaso un papel arrugado de xeito que non caia se se lle dá a volta. Colleron ese vaso e metérono boca abaixo nun caldeiro con auga. Se vai dereitiño o papel non se molla pois quedou aire dentro, e ao torcelo sae o aire, entra a auga e móllase o papel. O aire ocupa un espazo. 




Experimento 2: nun prato cunha pouca auga puxeron unha candea acesa e tapárona cun vaso. Primeiro apágase a candea por falta de osíxeno e despois a auga do prato pasará a dentro do vaso e fará que a candea se eleve pola diferencia de presión. 



Bo traballo cuarto!! Seguro que os vosos compis gozaron un montón cos experimentos!!