Mostrando entradas con la etiqueta Encontros con autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Encontros con autores. Mostrar todas las entradas

29/5/26

VISITA DE RAMÓN D. VEIGA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria gozou coa visita de Ramón Veiga, quen lles falou do seu libro "Maios e Desmaios". Ademais aproveitou a ocasión para compartir co alumnado diferentes tradicións relacionadas coa noite máxica de San Xoán. A rapazada participou con moito interese e entusiasmo facendo moitas preguntas do seu libro e descubrindo moitas curiosidades sobre o San Xoán, especialmente sobre os rituais da auga e do lume.

Para rematar a actividade, todo o alumnado levou o seu exemplar asinado polo autor, polo que lle damos as grazas a Ramón pola visita ao noso centro e por compartir con nós os libros marabillosos que escribe, cos que soñamos, aprendemos e gozamos en cada lectura.

18/4/26

SABELA FERNÁNDEZ EN SEARA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo a sorte de coñecer á autora Sabela Fernández, creadora dun dos seus libros favoritos. Durante a visita, os nenos e nenas pasárono xenial facéndolle preguntas sobre a súa obra O ladrón de soños e descubrindo curiosidades sobre o proceso de creación das súas historias.

Como recordo deste encontro tan especial, todos os alumnos levaron o seu exemplar asinado pola autora, un detalle que, sen dúbida, gardarán con moito agarimo.

Moitas grazas por compartir o teu tempo e por regalarlos historias tan marabillosas. 

9/4/26

MIGUEL ANXO ALONSO DIZ EN SEARA

 Nesta ocasión foron os alumnos de terceiro os que tiveron a sorte de recibir a visita de Miguel co seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos".

9/4/25

A ESCRITORA ÉRICA ESMORÍS EN SEARA

 A escritora Érica Esmorís visitou hoxe a Biblioteca, onde falou coa rapazada de 2º curso da súa vocación e do libro "Patio de luces", do que ademais de gozar da súa lectura os nenos/as realizaron un gran mural.

Moitas grazas, Érica pola túa visita!

22/3/25

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS

 O alumnado de 5º de educación primaria profundizou no libro de Rosa Aneiros "Faisca, a nena neandertal", obra que forma parte do seu itinerario lector para este curso 24-25. Tamén exhibiron na biblioteca os seus traballos plásticos, inspirados polo libro. Una maneira fermosa e estimulante de facer animación a lectura.


15/3/25

ANTONIO MANUEL FRAGA

O alumnado de cuarto de educación primaria tivo a sorte de coñecer, charlar e profundizar na novela     

"Papá caníbal", un dos itinerarios lectores deste curso, co seu autor Antonio Manuel Fraga.

13/3/25

IRIA MISA CO ALUMNADO DE 6º CURSO

 Iria Misa visitou a biblioteca e charlou co alumnado de sexto de educación primaria sobre o seu libro "A cidade do átomo" que forma parte dos itinerarios lectores deste curso 2024-2025.

11/2/25

EVA MEJUTO

 Visitounos a gran Eva Mejuto. Os seus contos son moi queridos polo noso alumnado, levánnos acompañando ao longo de moitos cursos. Grazas polo teu tempo e cariño.


21/10/24

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS


O xoves día 24 dende 4º de E.I. ata 3º de primaria gozaremos coas marabillosas historias que nos vai contar OLALLA (e tal vez teñamos unha visita sorpresa...)



O venres día 25 a escritora Iria Collazo contará ao alumnado de 4º, 5º e sexto de E.P.  a súa relación coas bibliotecas. Sabedes que Iria estudou no cole de Seara?

8/5/24

Visita de Anxo Fariña

 Anxo Fariña, autor dos Megatoxos, visitou a biblioteca para falarlles aos nenos de 4º do seu proceso de escritura e ilustración. Quedamos marabillados! Moitas grazas!






Visita de Iria Misa

 Iria Misa, autora de Mamá, quero ser Ziggy Stardust, visitou a nosa biblioteca para falarnos do que significa ser trans e da importancia de aceptarse a un mesmo. Grazas!





8/2/24

Visita de Pablo Prado

 Pablo Prado, ilustrador galego, visitou o noso cole para falarnos do seu último cómic, Nerea e a invasión dos trastos. Incluso debuxounos un fantástico Searín! Moitas grazas!






15/6/23

CONTACONTOS EN INFANTIL

 O alumnado de Educación Infantil gozou dun divertidísimo contacontos  "Pelliscos viaja con sus emociones" narrado pola súa autora, Patricia Merchán.