Mostrando las entradas con la etiqueta PDI "Camiñando cara o 2030". Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta PDI "Camiñando cara o 2030". Mostrar todas las entradas

18/6/21

AS ÁRBORES DE SEARA

 Durante este curso o alumnado de 2º estivo inmerso nun proxecto titulado "As árbores de Seara". Seguindo o PDI do centro e centrándose no ods 15, esta actividade consistiu en identificar as árbores que temos no patio, investigar sobre elas e gravar uns pequenos vídeos explicativos de cada unha delas. Esa explicación foi vinculada a un código QR. 

Ademais, coa axuda dos maiores, deseñaron os nomes das árbores para poder imprimilos en 3D e por fin, lixaron e pintaron un panel informativo de madeira que o profe Iago construíu para poder colocar ao lado de cada árbore e incluír nel o código QR e a etiqueta en formato 3D. 










Agora todas as persoas que visiten o noso centro poderán saber máis sobre as nosas árbores. 

Foi un traballo moi interesante e bonito!! Moitos parabéns, segundo!! 


9/6/21

OS VERMES DE SEDA


En marzo, con motivo do Día Mundial da Natureza, varios cursos acolleron uns novos habitantes nas súas aulas: os vermes de seda.  Nunhas caixas de cartón chegaron os ovos, e día a día o alumnado foi vendo o seu progreso. Ademais, como no cole temos moreiras no patio, a súa alimentación foi moi doada. Os vermes creceron, formaron os casulos e....voilà! A metamorfose dou lugar ás polillas.

Foi xenial poder asistir a todo o proceso e seguramente o noso alumnado volva acoller de novo o próximo curso a estes bechos tan singulares. 







6/6/21

ECO-RETOS CONSEGUIDOS!

Ao longo de todo o curso, o alumnado estivo moi implicado en conseguir os Eco-retos que se propoñían cada mes. Cada un deles, tiña como obxectivo concienciar á rapazada da importancia de coidar e respectar o medio ambiente.

Así por exemplo, en novembro, nos comprometemos a usar botellas reutilizables para a hora da merenda. Desta maneira, reduciríamos o consumo de plástico de un só uso.







En decembro, próximo o Nadal e as datas onde máis se consume, decidimos facer agasallos con material de refugallo, co fin de reducir o consumo desproporcionado e fomentar a creatividade das nenas e dos nenos.








En xaneiro, decidimos implicarnos na reciclaxe. Desta maneira, puxemos papeleiras en cada aula para que o alumnado poidese clasificar o lixo.








En febreiro, tocaba festexar o Entroido dunha maneira un tanto peculiar, así que creamos os nosos propios complementos feitos con material de refugallo.



En marzo, propuxémonos reducir a cantidade de plástico e papel que consumimos nun mes. Para iso, tivemos que pesar cada día a bolsa de lixo e apuntalo nunha folla de rexistro.



Os resultados, foron os seguintes:


E en abril, a proposta foi reducir a cantidade obtida no mes anterior, pescudando outras alternativas que nos fixeran reducir o consumo de plástico e papel. Os resultados comparativos foron:



En maio, o reto consistía en rexistrar tódolos seres vivos próximos ao noso cole.


E finalmente, en xuño cada clase podía facer a actividade que máis lle gustase para coidar o medio no que vivimos. Dende plantar, ata recoller o lixo dunha praia...



NORABOA POLA VOSA IMPLICACIÓN!

O PLANETA ESTÁ A SALVO CON VÓS!
💚




4/6/21

OS HERBARIOS DE 6º

O alumnado de sexto estivo nas últimas semanas inmerso no ODS 15 "Vida de Ecosistemas Terrestres" realizando uns marabillosos herbarios para os que precisaron investigar, recoller mostras das plantas seleccionadas e apuntar  e resumir toda a información. O resultado vai ser exposto na próxima semana na biblioteca, para que o resto do alumnado do centro poida velo e tamén aprender máis cousiñas sobre a flora que nos rodea. 

Aquí tedes só unha pequena mostra do espectaculares que quedaron os herbarios!! 

Parabéns polo traballo sexto!!

"O MAR COMEZA AQUÍ". 8 DE XUÑO: DÍA DOS OCÉANOS

Chegou xuño, o bo tempo e con el unha das actividades que xa tiñamos programadas dende hai tempo para celebrar o Día dos Océanos . Baixo o lema "O mar comeza aquí" e en colaboración co Concello de Moaña, o noso alumnado comezou a realizar unha actividade que ten como obxectivo concienciar ás persoas da nosa vila e a aquelas que a visitan, da importancia de non tirar lixo na rúa, pois é probable que acabe no mar. Así pois, moitos dos sumidoiros que rodean o noso colexio comezaron a tinguirse de cores xunto á devandita frase para chamar a atención de todos os transeúntes. 

Oxalá sexamos capaces de crear conciencia e deixemos de ver lixo coándose polos buratos dos sumidoiros, e así os nosos mares e océanos poidan estar libres de residuos contaminantes. 

Aquí tedes unha mostra do alumnado de 5º e 6º, pois foron os primeiros en comezar!

Parabéns polo traballo, rapazada!!

3/6/21

RECIBIMOS A VISITA DE ODILO BARREIRO



O martes, os rapaces e rapazas de 3º e 4º recibiron a visita de Odilo Barreiro, o concelleiro de Medio Ambiente de Moaña, que lles explicou as razóns polas que Moaña estase convertendo nunha cidade sostible e polas que recibiu a Bandeira Verde (premio ao esforzo dos concellos comprometidos co coidado da O martes, os rapaces e rapazas de 3º e 4º recibiron a visita de Odilo Barreiro, o concelleiro de Medio Ambiente de Moaña, que lles explicou as razóns polas que Moaña estase convertendo nunha cidade sostible e polas que recibiu a Bandeira Verde (premio ao esforzo dos concellos comprometidos co coidado da paisaxe e do medio ambiente). Algunhas destas razóns son: o coidado do patrimonio, a redución das emisións de CO2, a correcta xestión do lixo, a importancia da compostaxe, a redución do consumo enerxético  coa instalación de leds, etc. 

O certo é que foi un encontro moi ameno no que os nosos nenos e nenas aprenderon un montón de cousas interesantes. 

Grazas Odilo!! 











1/6/21

ECO-RETO DO MES DE XUÑO!

 E por fin chegou xuño! e con el un novo reto.

Atrevédesvos a coidar da nosa Terriña?

CADA ACCIÓN CONTA!

💚

17/5/21

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 

Con este precioso barco, que parte da silueta do casco do Rainbow Warrior e e nas súas velas ondean as palabras "Ándanme as mans sempre facendo praias imposibles" queremos rendir homenaxe á Xela Arias, porque ademais de escritora, poetisa e tradutora, Xela foi unha persoa que defendeu a paz, se comprometeu coa igualdade entre homes e mulleres e tamén co medio ambiente, ao igual que o camiño que nós estamos seguindo dende aquí co noso PDI.


11/5/21

O ODS 15 POLO ALUMNADO DE TERCEIRO

O alumnado de terceiro estivo traballando sobre o Obxectivo 15 da Axenda 2030: "Vida de ecosistemas terrestres"

Por un lado averiguaron cales son as distintas formas de contaminación ás que se enfrontan os hábitats terrestres e os animais que habitan neles, e por outro lado investigaron cales son as posibles solucións que pode haber para estes problemas. 

A continuación podedes ver todos os seus traballos que están actualmente expostos no corredor do primeiro piso.

 

 Moi bo traballo rapaces/as!! Noraboa! 

 



8/5/21

ECO-RETO DO MES DE MAIO

 Velaquí está o Eco-reto do mes de maio!

Abride moito os ollos e observade con atención, pois o cole está cheo de vida e emoción!

3/5/21

AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: WANGARI MAATHAI

Despois de realizar o obradoiro "Aventureiras intrépidas" con Charo Pita, o alumnado de 3º seguiu investigando sobre as mulleres valentes que se atreveron a romper moldes e cambiar a historia. 
Desta volta, achégannos dende a radio a interesante historia de Wangari Maathai. 

Quedades a escoitala? É moi interesante e seguro que vos encanta saber a cantidade de cousas importantes que fixo por África e tamén polo noso planeta. 

23/4/21

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día Mundial do Libro no noso cole. Baixo o lema “Amamos os libros, amamos o planeta” realizamos unha actividade na que xuntamos dúas das nosas paixóns: os libros e o coidado do planeta. Así pois, ilustramos a portada daquel libro que descubrimos este ano co PDI sobre como podemos salvar o planeta ou aquel que leva anos gustándonos e que está relacionado coa natureza e a vida nos distintos escosistemas. 









Ademais moitos cursos aproveitaron a súa visita semanal á biblio para poder realizar a actividade rodeados dos seus libros favoritos. 




O resultado está exposto no corredor da biblio e non nos pode gustar máis!! 
Seguramente nun futuro próximo algún ou algunha de vós asinedes as ilustracións das portadas de moitos libros, pois tedes moito talento!! 

22/4/21

Extra! Extra! O novo CaranveXornal xa está aquí!

Non vos perdades o CaranveXornal deste mes de abril porque é único!

 A través deste medio de comunicación, o alumnado amósanos o día a día do noso cole: as medidas de seguridade e hixiene que temos que adoptar para poder usar a Biblio, os Eco- Retos, as novas plantacións, a axenda 2030... entre outros.

Aquí está!




FELIZ DÍA DA TERRA


O día 22 de abril celébrase o Día Mundial da Terra, e no noso cole tivemos a sorte de contar para este día coa presencia dun contacontos moi especial ao que lle gusta tanto a natureza como a nós... a ver se adiviñades de quen son estas gadoupas? 




De pés de lobo! tamén coñecido como Anxo Moure!













Moitas grazas Atrapador de contos! Deica pronto! 💚



21/4/21

Aprendendo sobre as enerxías verdes

 As clases de quinto recibiron unha visita moi especial: Leticia Santos, alcaldesa de Moaña, visitou o noso cole. Aprendemos a diferenza entre enerxías verdes e enerxías renovables. Tamén descubrimos como os nosos devanceiros xa empregaban as enerxías verdes para as súa tarefas cotiás.



Ademais o alumnado aproveitou a ocasión para preguntarlle a alcaldesa en primeira persona as súas inquedanzas sobre a nosa vila.

12/4/21

Novidades na biblioteca

Novos libros continúan chegando á nosa biblio. Cómics, álbums ilustrados, poesía, clásicos, biografías... mais tamén libros relacionados co noso proxecto de centro "Camiñando cara o 2030". 

Xa sabes cal vai ser a túa próxima lectura?