Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos do Neno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos do Neno. Mostrar todas las entradas

21/11/21

CUARTO PUBLICITA OS DEREITOS DA INFANCIA

Aquí tedes outro programa de radio relacionado cos Dereitos das Nenas e Nenos feito polo alumnado de cuarto curso.

 

20/11/21

DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrase en todo o mundo o Día Universal do Neno e se conmemoran os Dereitos da Infancia. Trátase dunha data moi importante, pero este curso cobra aínda máis relevancia porque se atopa estreitamente vinculada co noso proxecto anual. Abaixo tedes unha mostra dalgúns dos traballos realizados. 





19/11/21

FALADOIRO SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 As nenas e nenos de cuarto curso buscaron información sobre o 20 de novembro, Día Dos Dereitos da Infancia. Abaixo podedes escoitalos en Radio Seara

23/1/19

A VIAXE

Con motivo do Día da Paz queremos compartir con todos vós o conto "El viaje" escrito por Francesca Sanna. O curso pasado traballouno o alumnado de cuarto e gustoulles tanto que acordaron traducilo ao galego (xa que aínda non estaba traducido) e contalo para todos os nenos e nenas do colexio.