O alumnado de 1º de Primaria fixo un precioso teatriño a partir do libro "Rata Linda de Compostela" homenaxeando a Bernardino Graña.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
21/3/25
5/11/21
15/9/21
Programación Rechouchíos
Xa está aquí a no a programación dos rechouchíos: teatro, música e contacontos para as tardes dos venres.
NON OS PERDAS!!!!
20/5/21
Novo programa de Rechouchíos para maio e xuño
Xa temos nova programación dos Rechouchíos para maio e xuño 2021, que empeza este venres cun contacontos teatralizado sobre Xela Arias. Todas as actividades son ao aire libre, aínda que se vai mal tempo, trasládanse ao auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao, pero cunha capacidade bastante reducida, xa que as normas de hixiene e prevención por mor do coronavirus só permiten neste momento unha capacidade do 30% do local: 45 persoas.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Dinamización Lingüística,
rechouchíos,
teatro
14/6/19
TEATRO DE SOMBRAS NA BIBLIOTECA
Presentámosvos a derradeira actividade deste curso na biblioteca. A profe Luisa preparou un teatro de sombras e, coa axuda da profe Isa, representaron o conto "A miña amiga a escuridade". O alumnado de 2º e 3º disfrutou moitísimo! Foi algo máxico e moi divertido. Despois algúns dos nen@s probaron como funciona o teatro de sombras e fixeron os seus pinitos coma actores.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Curso 2018-2019,
teatro,
teatro de sombras
23/5/18
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS III
Os nenos e nenas de 4º de Primaria escribiron en grupos unha pequena obra de teatro coa finalidade de representala no festival das Letras Galegas. Con esta actuación poñen en valor o uso da lingua galega na escritura creativa e tamén na temática científica xa que o texto reflexa o traballo realizado durante o curso dentro do proxecto común de centro " Seara Experimentes ".
Etiquetas:
ciencia,
festival,
proxecto Experi-mentes,
semana das Letras Galegas,
teatro
22/5/18
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS II
Os nenos e nenas de 2º de Primaria animan á lectura en galego representando o ben coñecido conto "Artur e Clementina " adaptando o texto ao diálogo teatral.
Etiquetas:
Animación á lectura,
semana das Letras Galegas,
teatro
21/5/18
MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS I
Coñecemos a Mª Victoria Moreno a través dos seus contos.
En 1º de Primaria teatralizaron o conto " O Cataventos ", texto narrado a modo de fábula que nos fala das consecuencias dun comportamento autoritario e prepotente.
En 3º de Primaria representaron unha adaptación teatral do conto "A festa no faiado ". Este texto fálanos da amizade dunha boneca e dos animais que a visitan no faiado da casa que habita, propiedade dun matrimonio un tanto particular.
En 1º de Primaria teatralizaron o conto " O Cataventos ", texto narrado a modo de fábula que nos fala das consecuencias dun comportamento autoritario e prepotente.
En 3º de Primaria representaron unha adaptación teatral do conto "A festa no faiado ". Este texto fálanos da amizade dunha boneca e dos animais que a visitan no faiado da casa que habita, propiedade dun matrimonio un tanto particular.
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
festival,
semana das Letras Galegas,
teatro
26/5/17
AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS
O alumnado de 6º B representou a obra de Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Espectacular a súa posta en escena e moi divertida!
Etiquetas:
Casares,
Día das Letras Galegas,
teatro
TEATRO DE "A GALIÑA AZUL" EN 2º CURSO
Os nenos e nenas de 2º curso teatralizaron tres dos contos do libro de Carlos Casares "A galiña azul": "O peixe da fonte do xardín", "A bomba da felicidade" e "A galiña azul". Estes rapaces son uns actores estupendos!
25/5/17
OBRA DE TEATRO SOBRE A COMICON
Os nenos e nenas de cuarto curso realizaron unha obra de teatro sobre a Comicon Intercentros deste ano: aquí tedes algún fragmento, quedoulles chulísimo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





