Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas

2/6/26

TERCEIRO FAI UNHA RUTA POLO RÍO DA FRAGA

O alumnado de terceiro de Ed. Primaria realizou unha ruta polo río da fraga acompañados dun grupo de enxeñeiros/as medioambientais. Ensináronlles a disyinguir a flora, fauna e outros elementos que son beneficiosos para o río e o medio ambiente a través dun bingo ecolóxico.
Tiveron a sorte de observar lesmas, cágados de ra e de sapo, larvas de cabaliño do demo e un montón de seres máis!
Moitas grazas a "tp3 Natural" por compartir os vosos coñecementos e o voso tempo!

29/4/26

SAÍDA A APIPOLIS

As crianzas da etapa de Educación Infantil viviron unha experiencia única na visita a Apípolis, unha granxa especializada no mundo das abellas.

Alí realizaron diferentes actividades como cociñar galletas de mel, elaboración de velas artesanais, degustación de mel... que tiñan como obxectivo pricipal achegar aos máis pequenos/as á natureza e conciencialos sobre a importancia destes insectos no equilibrio ambiental.

23/5/25

COIDAMOS OS XARDÍNS DE ROSALÍA

Chegou o calor,  os xardíns de Rosalía necesitan coidados para seguir lucindo fermosos, Daniela e Elba adican os seus recreos para que luzan así.


4/5/25

XARDÍNS DE ROSALÍA

 Un ano máis, neste caso coa axuda e colaboración dos nenos/as de educación Infantil e de 5º de educación primaria, os Xardíns de Rosalía volven lucir en todo o seu esplendor, o que invita a gozar da natureza e a súa beleza.





19/3/25

MEL DE GALICIA

A rapazada de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivo a sorte de participar na campaña "O doce mundo Do Mel de Galicia". Beatriz Ríos Cebreiro, unha científica que traballa no Consello Regulador, mostrounos o proceso de obtención do mel e os materiais que utilizan os apicultores. Ademais agasallou a cada neno/a cun tarriño de mel.

1/6/23

CLASE DE CIENCIAS NA CONTORNA

Hoxe os nenos e nenas de 2º de primaria tiveron unha clase de ciencias na natureza da contorna da man dunha educadora de Naturaliza.

9/6/21

OS VERMES DE SEDA


En marzo, con motivo do Día Mundial da Natureza, varios cursos acolleron uns novos habitantes nas súas aulas: os vermes de seda.  Nunhas caixas de cartón chegaron os ovos, e día a día o alumnado foi vendo o seu progreso. Ademais, como no cole temos moreiras no patio, a súa alimentación foi moi doada. Os vermes creceron, formaron os casulos e....voilà! A metamorfose dou lugar ás polillas.

Foi xenial poder asistir a todo o proceso e seguramente o noso alumnado volva acoller de novo o próximo curso a estes bechos tan singulares. 







22/4/21

FELIZ DÍA DA TERRA


O día 22 de abril celébrase o Día Mundial da Terra, e no noso cole tivemos a sorte de contar para este día coa presencia dun contacontos moi especial ao que lle gusta tanto a natureza como a nós... a ver se adiviñades de quen son estas gadoupas? 




De pés de lobo! tamén coñecido como Anxo Moure!













Moitas grazas Atrapador de contos! Deica pronto! 💚