Presentámosvos a derradeira actividade deste curso na biblioteca. A profe Luisa preparou un teatro de sombras e, coa axuda da profe Isa, representaron o conto "A miña amiga a escuridade". O alumnado de 2º e 3º disfrutou moitísimo! Foi algo máxico e moi divertido. Despois algúns dos nen@s probaron como funciona o teatro de sombras e fixeron os seus pinitos coma actores.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2018-2019. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 2018-2019. Mostrar todas las entradas
14/6/19
13/6/19
7/6/19
FARO DA ESCOLA
Xa temos tod@s o noso exemplar do Faro da Escola coas novas máis importantes deste curso!
Ademais a biblioteca tamén foi noticia no noso xornal:
Ademais a biblioteca tamén foi noticia no noso xornal:
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Faro da Escola,
proxecto "Comunicando"
6/6/19
NA BUSCA DE MONUMENTOS
O alumnado de Educación Infantil de 5 anos e o de Cuarto de Primaria descifraron xeroglíficos que os levaron a procura de monumentos ocultos por todo o edificio de primaria. Logo completaron unha ficha cos seus coñecementos e a axuda dos libros da biblioteca.
Etiquetas:
biblioteca,
busca de información,
Curso 2018-2019,
monumentos
3/6/19
RECREOS NA BIBLIO: TRAILER DO 3º TRIMESTRE
Aquí tedes un pequeno trailer dos recreos na biblioteca:
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Curso 2018-2019,
recreos
28/5/19
MALETA DE EMOCIÓNS
Na nosa biblioteca está a disposición de todos, alumnado e profesorado, a maleta viaxeira con libros sobre as emocións da Asesoría de Bibliotecas de Vigo.
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
emocións,
maleta viaxeira
27/5/19
ITINERARIO LECTOR COS ESCORNABOTS: NO CORAZÓN DO BOSQUE
Despois de ler, resumir e sobre todo gozar da marabillosa historia do corazón do bosque, os rapaces de cuarto elaboraron este taboleiro para os escornabots que nos permite seguir recordando.
26/5/19
NO CORAZÓN DO BOSQUE
A rapazada de 4º curso leu "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz. Aquí podedes ver o seu traballo e a animación á lectura que Benjamín Míguez Novoa fixo sobre o libro.
25/5/19
EDUCACIÓN VIARIA COS ESCORNABOTS
Para comezar a traballar educación viaria, que mellor forma que facelo xogando cos escornabots nun plano con rúas.
Esta lámina está composta por 4 laminas A3, á que pódense unir outras máis, para facelo enorme, dependendo da distancia que queiramos que os nenos e nenas percorran co escornabot.
Na lámina hai rúas e cadrados e rectángulos onde os nenos e nenas poñen a súa foto, ou mellor, unha casa feita por eles memos. O escornabot só pode camiñar polas rúas.
Deste xeito, xogamos en grupos grandes, dende 6 nenos/as ou máis.

Comeza ún dos nenos ou nenas co escornabot onde se atopa a súa casa ou foto. Decide a qué casa ou foto do neno ou nena quere chegar. Cando chegue ata este compañeiro, é a quenda do destinatario Á vez, na mesma lámina, outro neno ou nena xoga tamén ó mesmo. Deste xeito, estarán varios escornabots na mesma lámina, o que implica que poidan cruzarse, chocar, interpoñerse no camiño, etc.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Curso 2018-2019,
educación viaria,
escornabots,
rúas
24/5/19
HERVÉ TULLET: PINTAMOS A MÚSICA
Marabilloso obradoiro de arte realizado por Educación Infantil 5 anos e Cuarto de Primaria seguindo as ideas de Hervé Tullet no seu libro "Diviértete, Talleres con Arte" e a música proposta pola profe Luisa :"Marcha Turca" de Mozart, "O Fortuna - Carmina Burana" de Carl Orff, "Volare" de Federico Modugno, "Nana de Mercedes" da película El Laberinto del Fauno e a proposta do alumnado de 4º "Say my name" de David Guetta.
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Hervé Tullet,
música,
obradoiro,
plástica
23/5/19
A PRENSA NA ARTE
Dentro do proxecto "Comunicando " investigamos de que forma os medios de comunicación estaban presentes na arte ,encontramos xornais nos collages do cubismo
(movemento artístico caracterizado pola utilización das formas xeométricas , como os cubos , triángulos e rectángulos) e entre eles escollemos para traballar o cadro " Naturaleza muerta y guitarra " de Juan Gris (1887-1927).
Etiquetas:
arte,
cubismo,
Curso 2018-2019,
Juan Gris,
prensa,
proxecto "Comunicando"
22/5/19
CONTACONTOS CON TAMARA ANDRÉS
Contacontos para os máis pequenos do colexio coa poetisa Tamara Andrés.
Etiquetas:
Animación á lectura,
contacontos,
Curso 2018-2019,
Mes do libro,
Tamara Andrés
21/5/19
20/5/19
PROCESO DO PAN DE MILLO COS ESCORNABOTS
O alumnado de 2º curso aprendeu o proceso de elaboración do pan de millo a través da canción co mesmo título. Despois practicaron co panel dos escornabots.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
canción,
Curso 2018-2019,
escornabots,
pan de millo
19/5/19
XOGANDO COS ESCORNABOTS
O alumnado de terceiro preparou un taboleiro para xogar cos escornabots:
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Curso 2018-2019,
escornabots,
xogo
18/5/19
ESCORNABOTS E FRACCIÓNS
O alumnado de 3º e 4º cursos practica as fraccións cos escornabots.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Curso 2018-2019,
escornabots,
fraccións
16/5/19
IRIA COLLAZO E LUZ BELOSO EN SEARA
Despois de pintar dous marabillosos murais no edificio de Educación Infantil, Luz Beloso e Iria Collazo viñeron a contarlle ao alumnado de 3º e 4º curso como foi o proceso de creación literaria e plástica do seu libro "A casa do paralelo 54".
Etiquetas:
Animación á lectura,
Curso 2018-2019,
Encontros con autores,
escritora,
ilustradora,
visitas
13/5/19
BOOKTUBERS DE SEARA: A CASA DO PARALELO 54
Elena e Lucía, de 5º curso, recoméndannos "A casa do paralelo 54", escrito pola autora moañesa Iria Collazo e ilustrado por Luz Beloso.
12/5/19
CONTOS CO ESCORNABOT
Co motivo do Día do Libro en abril e, ata pasadas as Letras Galegas, coa profe Luisa nas aulas de infantil estiveron xogando cos Escornabots usando láminas basadas en contos.
Éstos son os contos nos que están baseadas as distintas láminas:
• “A que sabe a lúa?” (Michael Grejmiec. Kalandraka Editora, 2018)
• “Corre corre cabaciña” (Eva Mejuto. OQO editora 2016)
• “O Grúfalo” (Julia Donaldson. Grupo Editorial Bruño, S.L., 2017)
• “Carapuchiña vermella” (Charles Perrault, 1967, os irmáns Grimm, 1812)
• “Os tres porquiños”
Os nenos e nenas xogan en grupo e, en cada un dos contos, por quendas van movendo o escornabot. Cada conto ten súas propias regras, que poden variar dependendo da dificultade que queiramos. Ademáis, algúnhas das láminas van acompañadas de “cartas” cos mesmos debuxos ca lámina, para que cada neno e nena saiba cando é a súa quenda e ata onde teñen que chegar.
Xógase deste xeito:
• “A que sabe a lúa?”: O escornabot sae dende a base. Cada neno/a ten unha tarxeta cun animal. Collen a tarxeta e leva o escornabot ata ese animal na lámina.
• “Corre, corre cabaciña”: En grupo de 4 nenos e nenas. Cada neno/a colle unha tarxeta. O escornabot comeza na casa, e comeza a movelo o neno/a que ten o lobo, logo o que ten o oso, despóis o león e, por último, a cabaza. Logo volve á casa pasando outra vez por tódolos persoaxes.
• “O Grúfalo”: Mesma dinámica ca do conto “Corre, corre cabaciña” pero cos persoaxes do conto “O Grúfalo”. Neste caso o esconrabot comeza no rato.
• “Carapuchiña vermella”: O escornabot comeza na casilla onde se atopa Carapuchiña co lobo. O neno ou nena que lle toque, decide o camiño a seguir ata a casa da avoa, o de Carapuchiña (longo) ou o do lobo (curto).
• “Os tres porquiños”: Grupo de 3 nenos e nenas. O escornabot sae dende onde se atopa o lobo. Cada nenos/a colle unha tarxeta (casa de palla, casa de madeira e casa de pedra). Comeza o neno/a que ten a casa de palla e leva o escornabot ata ella. A continuación, é a quenda do que ten a casa de madeira, e leva ó escornabot ata esa casa dende a de palla. E por último, o escornabot é levado ata a casa de pedra polo neno/a que ten esa tarxeta. En resumen, o escornabot é o lobo e ten que ir polas casas dos porquiños.

Infantil,
Mes do libro
10/5/19
MES DO LIBRO: A AVOA DE LÚA E CÍRCULO DE LECTORES
Rosa, a avóa de Lúa, foi unha das primeiras representantes de Círculo de Lectores en Moaña, falamos dos anos 70, en moitos lugares esta era unha das poucas formas, por non dicir a única, de achegarse á cultura e aos libros. Ela chegou a contar os socios por centenas e disfrutou moito do seu traballo.
Etiquetas:
avós,
círculo de lectores,
Curso 2018-2019,
Mes do libro,
visitas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)