Mostrando entradas con la etiqueta concienciación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concienciación. Mostrar todas las entradas

7/5/25

CORRELINGUA EN CANGAS

 Un ano máis o Ceip Seara participou no CORRELINGUA. Este ano celebrouse en Cangas e foron os nenos e nenas de 1º e 2º  curso os encargados de representar ao cole e de gozar dun divertido concerto de Paco Nogueiras.

2/4/25

2 DE ABRIL. DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe 2 de Abril realizamos no CEIP Seara varias actividades co fin de concienciar ao alumnado e á toda a comunidade educativa sobre a importancia de apoiar e comprender ás persoas con TEA.

2/4/20

SEARA CO AUTISMO. FOTOS!

Aquí están as fotos! Os profes tamén nos sumamos a esta campaña. Grazas por colaborar!!
Espero que vos gusten un montón!
E si aínda non enviaches a túa, estás a tempo!!

Tamén vos lembro que os nenos e nenas de 4º realizaron un vídeo moi chulo para este día e que podedes velo neste enlace: 4º CO AUTISMO
As teachers tamén se sumaron á campaña. Preme no enlace para velo: SEARA ENGLISH
Os pequerrechos de 6º de Infantil fixeron uns debuxos preciosos para este día! Pica no enlace: 6º DE EI CO AUTISMO

Alba F.(5º EI)

Adhara (5º EI)


Mara C.(1º)

Marcos (2º)

Martín (2º)

Xián (3º)

Tania (4º A)

Yoel (4º B)

Lucas (4º B)

Etienne (5º B)

Adrián (6º)

Profe Ángela (4º EI)

Profe Ana (5º EI)

Profe Nuri (6º EI)

Profe Iago (1º)

Profe Noelia (2º)

Profe Charo (4º A)

Profe Ana (5º B)

Profe Isa (5º A)

Profe Yolanda (6º)

Teacher Berta (English)

Profe Alberto (Ed. Física)

Teacher Delmi and Monkey (English)

Profe Gemma (Relixión)

Profe Tini (Música)






1/4/20

2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Como sabedes, o 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación do Autismo. Dende o movemento asociativo do autismo de España en coordinación con Autismo Europa, puxeron en marcha a campaña "Puedo APRENDER. Puedo TRABAJAR" para dar visibilidade ao colectivo, e que consiste en:
1. Elexir unha ferramenta que represente unha das túas maiores habilidades e sostela na man.
2. Saca unha foto ou un vídeo con ela.
3. Compártea nas redes sociais co hashtag #DiaMundialAutismo. 

Sería unha gran idea poder compartir as fotos de todos vós a través do blog da biblioteca e así poder ver en que cousiñas sodes moi hábiles . Así que si queredes participar, só tedes que enviar a vosa foto ao correo electrónico: abibliodesearin@gmail.com


Déixovos abaixo o enlace á web para saber máis cousas sobre este día.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!