DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
8/3/26
8/3/25
8/3/24
NORDÉS 8M
Polo Día da Muller agasallámosvos con esta canción que ten unha mensaxe apoderadora e de moita forza.
6/3/24
8 DE MARZO DÍA DA MULLER
As rapazas de quinto cantan a capela o comezo da canción Nordés, expresando a pura esencia da música galega e da identidade das mulleres que cantan con toda a súa forza.
3/3/24
PRIMEIRO PREMIO DE CARTEIS POLA IGUALDADE
O alumnado de 1º curso de Primaria gañou o 1º premio do concurso de carteis escolares e lemas polo 8M, o Día Internacional da Muller, convocado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Noraboa!
Pinchando na foto podedes ir a nota de prensa da Xunta.
27/2/24
DÍA DA MULLER
8/3/23
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
O alumnado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria celebrou o Día da Muller con este obradoiro creado por "O Baúl da tía Tola". O obxectivo da actividade foi resaltar a igualdade e o respecto como valores esenciais para a convivencia entre as persoas.
16/3/21
AS FLORES DE SEARA POR CARLA COSTAS
10/3/21
8 M: A AVOA DE CARLA RIOBÓ
Pili, a avoa de Carla Riobó, visitou hoxe a clase de 5ºB para falar do seu traballo como mariscadora.
Empezou moi nova recollendo ameixas e croques, cando o marisqueo a pé non estaba regulado como hoxe en día, e calquera podía sacar uns cartiños mariscando na Xunqueira.
Pili recalcou o gran cambio que supuxo regularizar o mariqueo a pé: cotizar polo traballo e ademais gañarse a vida con el.
Xa hai uns anos que Pili está xubilada e aínda que o seu traballo era moi duros, bótao de menos.
9/3/21
8 DE MARZO: SELECCIÓN DE LECTURAS
Searín tamén estivo traballando na biblioteca para deixarvos unha selección de lecturas relacionadas con este día. Ademais, a profe Salomé e Carla Costas estiveron traballando nesa marabilla de proxecto que podedes ver entre os libros para representar este día e que está composto por botellas de plástico pintadas e pólas de árbores recollidas da súa poda.
O resultado non podía ser máis bonito!! E ti, xa sabes cal vai ser a túa próxima lectura?
10/3/20
RAQUEL QUEIZÁS E A IGUALDADE NO CINE
8/3/20
8 DE MARZO. DÍA DA MULLER
Por unha parte, debuxamos e pintamos en depresores de madeira unha muller importante para nós.
O resultado de todos os depresores pegámolo sobre un mural que o alumnado de Educación Infantil pintou e que podedes encontrar na entrada do centro.
Mirade que chulo quedou!
Por outra banda, cada clase centrouse nunha ou varias mulleres aventureiras ou pioneiras. Investigaron por equipos sobre elas e plasmaron o resultado en cartolinas. Ademais, con pequenas lupas, situáronas no mapa, tendo en conta o seu país de orixe.
Cantas destas mulleres coñecías ti? Non che parece interesantísimo quenes foron ou son e o que conseguiron facer?
14/3/18
MULLERES CIENTÍFICAS EN SEGUNDO CURSO
12/3/18
CAMPIONA DO CONCURSO DE PISTAS
8/3/18
AS MULLERES CIENTÍFICAS DAS NOSAS PISTAS

DÍA 1: WANGARI MAATHAI (1940-2011)
DÍA 2: MARÍA SYBILLA MERIAN (1647-1717) Naturalista, exploradora e pintora.
Considerada actualmente como unha das máis importantes iniciadoras da entomoloxía moderna, grazas as súas detalladas observación e descripcións, con ilustración propias, da metamorfose das bolboretas e os seus debuxos de insectos.

DÍA 3: MARGARITA SALAS (1938)
Bioquímica, xenetista molecular e profesora de universidade. Traballou con Severo Ochoa.
As súas aportacións á Ciencia son moitas, pero destaca a súa investigación sobre a enzimoloxía e os seus traballos sobre Xenética e o ADN. O seu traballo é fundamental no desenvolvemento da Bioloxía Molecular en España.

DÍA 4: MARGARET HAMILTON (1936)
Matemática, científica computacional e enxeñeira de sistemas. Entre outros cargos foi responsable do desenvolvemento do software de voo a bordo das computadoras da misión espacial Apolo, sen ela a humanidade non tería chegado á Lúa.
Na foto está co software que enviou o home á Lúa.

DÍA 5: PATRICIA BATH (1942)
Oftalmóloga, inventora e académica. Foi a primeira muller afroamericana en recibir unha patente con finalidades médicas. Propietaria de catro patentes, inventou, entre outras, a sonda Laserphaco, que se utiliza no tratamento de cataratas. Con ela curou a cegueira de millóns de persoas no mundo.
DÍA 6: ÁNGELES ALVARIÑO (1916-2005)Oceanógrafa galega. Especializouse en zooplancto e foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación británico.
No curso das súas investigacións descubriu doce novas especies de Chaetognata (quetognatos), nove especies de Siphonophora (sifonóforos), e unha nova especie de medusa. En total, 22 novas especies para a Ciencia.
Clicade na imaxe se queredes saber máis cousas sobre ela.
7/3/18
FALANDO DE IGUALDADE
6/3/18
6º E ÚLTIMO DÍA: PISTAS
- Esta científica galega é especialista en zooplancto e unha autoridade mundial nesta especialidade.
- Durante as súas investigacións descubriu 22 novas especies.
- Foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación.
- O Instituto Español de Oceanografía ten un barco co seu nome.
5/3/18
5º DÍA: PISTAS
- Un microscopio que lle regalaron de pequena espertou o seu interés pola Ciencia.
- Se ser muller nun mundo de homes é difícil, ser muller e negra foi o dobre de difícil para esta científica.
- É unha das oftalmólogas máis importantes da historia.
- Cos seus inventos (entre eles a sonda Laserphaco) conseguiu curar a ceguera de miles de persoas.






















