Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial da Radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Mundial da Radio. Mostrar todas las entradas

14/2/22

DÍA MUNDIAL DA RADIO

A través da canle do Día Mundial da Radio (https://es.unesco.org/commemorations/worldradioday) participamos na celebración deste día para concienciar a todos da importancia da radio. Este ano celébrase coa temática "Confianza no xornalismo radiofónico". A partir deste tema e, colaborando con Radio Espora e outros centros escolares galegos, gravamos unhas noticias falsas e uns consellos sobre como detectalas.

Coa elaboración de noticias falsas queremos concienciar da necesidade de que os xornalistas e os medios respecten as normas básicas dun xornalismo ético. Que se dean noticias certas e verificables, e que se faga polo ben de todos, cun fin de interese público, que esixa responsabilidades aos poderosos e que axude a sociedade a construir un futuro mellor para todos.

Aquí tedes o programa: O inicio é moi interesante, e tamén as aportacións dos outros coles (un pouquiño antes do minuto 11 empeza a nosa participación, feita polo alumnado de cuarto curso).

9/2/22

CIENCIA NA RADIO 3!

 Aquí tedes o terceiro programa co reto que nos propoñen dende a Biblio. Imos aló!

8/2/22

CIENCIA NA RADIO 2!

Aquí está o novo programa de Ciencia Na Radio onde Searín propón un novo reto para pensar con motivo do Día da Radio e o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Será moi difícil?

7/2/22

CIENCIA NA RADIO 1 !

Dende a biblioteca, Searín proponvos uns retos científicos para celebrar o Día Mundial da Radio e o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Aquí tedes o primeiro, a ver se acertades a resposta!

14/2/19

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de febreiro a UNESCO aprobou o "Día Mundial da Radio", xa que nese día de 1946 creouse Radio Nacións Unidas. O obxectivo da celebración deste día é concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, alentando a crear e ofrecer informacións a través dela asi como a mellorar as redes e a cooperación internacional entre organismos de radiodifusión.
Este ano celébrase co lema "Diálogo, tolerancia e paz" para facer fincapé no poder da radio para promover o entendemento.
A partir deste lema, e colaborando na Rede Espora con outros 14 centros escolares, participamos na gravación dun programa de noticias onde se contasen as novas que queremos escoitar e non as que día a día inundan os medios de comunicación. Así que collemos noticias reais dos medios de comunicación e cambiámolas para que fosen positivas e coa esperanza de que algún día sexan realidade.