Mostrando las entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Día do libro. Mostrar todas las entradas

24/4/26

MARCAPÁXINAS POLO DÍA DO LIBRO

O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) elaborou estes orixinais marcapáxinas para sinalar os seus libros favoritos.

O proceso de elaboración consistiu en clasificar flores segundo as súas cores cromáticas, escoller as que máis lles gustaban e, finalmente, ensartar contas de distintas tonalidades para completar as súas creacións.

23/4/26

23 DE ABRIL: LECTURA NO PATIO

Unha das actividade para conmemorar a Semana do Libro foi saír ao patio para desfrutar de momentos de lectura ao aire libre, no noso lugar favorito. Alí compartimos historias e fomentamos o gusto polos libros nun ambiente diferente e especial, onde todos e todas gozamos moitísimo.

20/4/26

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

Empezamos a Semana do Libro coa exposición dos libros favoritos do alumnado. Despois de escribir nuns grandes murais o título do libro favorito de cada un, expuxémolos nun recuncho da entrada do colexio e contamos aos compañeiros e compañeiras porque eliximos ese libro. 

Grazas a tod@s por traer y compartir os vosos libros favoritos, pero, sobre todo, por  contarnos por que o son, regalándonos a vosa maneira de sentir cada unha das historias.

27/4/25

TENDAL DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE TODO O ALUMNADO:

Os corredores e escaleiras enchéronse coas recomendacións que todos os nenos e nenas do cole fixeron do seu libro favorito.

23/4/25

VISITA DO BOOKSTAGRAMER RAÚL NA SEMANA DO LIBRO

 Hoxe tivemos a sorte de coñecer a Raúl, un bookstagramer (thebookishblanket) que veu ao cole para compartir con nós o seu amplísimo coñecemento sobre literatura. Recibimos un montón de estupendas recomendacións e gozamos moito xogando e creando historias con el. Ademais agasallounos cun libro de Ana Kadabra adicado ao noso cole polos autores. 

Moitas grazas, Raúl, polo teu entusiasmo e xenerosidade!



12/5/24

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 Na semana do Libro a rapazada de primeiro comezou a mostrar @s seus compañeir@s cales eran os seus libros favoritos en lingua galega e en lingua castelá, ademais explicaron as razóns polas que tanto lles gustan. Estes foron os libros elixidos:

3/5/24

Sorteo do Día do Libro

Xa están aquí as gañadoras do sorteo do Día do Libro! Noraboa! 






23/4/24

APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DO LIBRO

 No Día do Libro todo o alumnado fixo a hora de lectura no patio. Os maiores apadriñaban aos máis pequenos.  Abaixo tedes imaxes dos nenos e nenas de 5º curso que foron uns padriños lectores marabillosos da rapazada de 1º curso.

Face-Books

 O alumnado de sexto celebrou o día do libro con estes divertidísimos Face Books.





Marcapáxinas e minilibros do World Book Day!

 O alumnado dos distintos cursos fixo estes marcapáxinas e minilibros para celebrar o World Book Day. Quedaron chulísimos!





26/4/23

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Na Semana do Libro todos os cursos gozaron da lectura compartida.

24/4/23

GOZAR DA LECTURA EN TODOS LADOS

Cun libro podes ir onde queiras e gozar da lectura en calquera recuncho. Hoxe, en Seara,  a Hora de Ler fixémola polos corredores, escaleiras, patio, á sombra das árbores..., e ben que a disfrutamos!


24/5/21

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN!!

Co galo do Día do Libro, as familias da clase do mandilón vermello de infantil viñeron diferentes días a contarlle aos pequechos e pequechas contos. Pasárono xenial con todas as historias que lles contaron!! Aquí tedes un resumo desta experiencia tan chula que tiveron!! 



Moitas grazas familias!!

29/4/21

CAPERUCITA AZUL Y EL LOBO RAÚL POR SARAIVA

Con motivo do Día do Libro, as avoas e avós de Saraiva crearon o conto "Caperucita azul y el lobo Raúl" e enviáronnolo para que puideramos gozar con el no cole.  Gustounos tanto que a rapazada de primeiro decidiu mostrarlle o seu agradecemento a través dun vídeo para animalos a seguir creando historias e compartilas con todos nós. 

Moitas grazas Saraiva!!


23/4/21

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día Mundial do Libro no noso cole. Baixo o lema “Amamos os libros, amamos o planeta” realizamos unha actividade na que xuntamos dúas das nosas paixóns: os libros e o coidado do planeta. Así pois, ilustramos a portada daquel libro que descubrimos este ano co PDI sobre como podemos salvar o planeta ou aquel que leva anos gustándonos e que está relacionado coa natureza e a vida nos distintos escosistemas. 









Ademais moitos cursos aproveitaron a súa visita semanal á biblio para poder realizar a actividade rodeados dos seus libros favoritos. 




O resultado está exposto no corredor da biblio e non nos pode gustar máis!! 
Seguramente nun futuro próximo algún ou algunha de vós asinedes as ilustracións das portadas de moitos libros, pois tedes moito talento!! 

23/4/20

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

Feliz Día do Libro!!

Moitísimas grazas familias, por enviarnos todas estas marabillosas recomendacións lectoras dende as vosas casas.
 En cada unha destas xanelas estades todos vós cos vosos libros favoritos. Grazas por facer o esforzo e animarvos a participar. 
Espero que o resultado vos guste moito!  






15/4/20

PROPOSTA DE ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO

Ola, ola! Como estades? Espero que estes días estiverades facendo cousas moi interesantes e bonitas xunto ás vosas familias e que vos recargaran as pilas para este novo trimestre que comeza.

O próximo 23 de abril é o Día Internacional do Libro, e como aínda estaremos na casa, pensei que poderiamos entre tod@s facer unha actividade chula e compartila aquí. 
Que vos parece se nos convertemos en booktubers e gravamos un pequeno vídeo recomendando o noso libro favorito aos compañeiros do colexio? Só tés que facer un breve resumo contando de qué trata, pero sen facer spoiler! Tamén podes engadir cal é a túa personaxe favorita ou como o descubriches!
Para os máis tímidos tamén hai a posibilidade de sacar unha foto co conto que máis vos guste. 

Enviádeme os vídeos ou as fotos ao mail abibliodesearin@gmail.com ata o día 21 de abril. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


25/4/18

DÍA DO LIBRO: OS CONTOS E A CIENCIA

O 23 de abril inauguramos na nosa biblioteca a exposición "Os Contos e a Ciencia". Nela podemos ver o traballo realizado nas distintas aulas e a íntima relación que hai entre a Literatura e a Ciencia.
O alumnado de tres anos chegou ao mundo dos sentidos a través do conto de "Carapuchiña vermella". Os nenos e nenas de catro e cinco anos traballaron as cores, as súas mesturas e a importancia da cor branca a través de dous  libros: "Cores" de Hervé Tullete e "O branco non pinta" de Antía Otero e María Brenn.
En primeiro curso, e a través dos libros de Eric Carle, aprenderon sobre os artrópodos. En segundo, co libro de "Alicia no país das marabillas", as proporcións.
En terceiro, descubriron "Pinocho" e a súa relación cos autómatas, os robots e o libro "Fred Quincalla" de Teresa González Costa. En cuarto, con "O Principiño" aprenderon cousas dos planetas, as plantas e as flores, a migración das aves e a imaxinación.
O alumnado de quinto con "Peter Pan" investigou entre outras cousas sobre o volume, a masa e a razón pola que Peter Pan podía voar. E en sexto sorprendéronse ao descubrir como Xulio Verne foi un adiantado ao seu tempo e a moitos descubrimentos científicos.
E tampouco podemos esquecer a espectacular nave que nos fixo a profe Jeny e onde expusemos todos os libros relacionados co sistema solar e o universo.
Non vos perdades as fotos e noraboa a todos polo voso traballo!