Mostrando las entradas con la etiqueta Curso 2024-2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Curso 2024-2025. Mostrar todas las entradas

16/6/25

TRASFORMANDO O XIMNASIO

 Grazas a Jessi , nai de alumnas, pola súa axuda na trasformación do ximnasio nun espazo máis alegre.Rematada a primeira fase, continuaremos en setembro. Feliz verán.


              

4/6/25

CONVIVIR XOGANDO

 O alumnado de 4º de Educación primaria fixo un obradoiro de traballo en equipo. Aprendemos a resolver os  conflitos falando, e chegar a acordos e a valorar positivamente aos nosos compañeiros e copañeiras.E todo pasándoo xenial!!!!

30/5/25

UN DÍA CON DOA, A REALIDADE DA SAÚDE MENTAL

 O alumnado de 5º de Educación Primaria compartiron unha xornada de convivencia con algunhas persoas da Asociación DOA. Grazas a mesma fixeron un achegamento á realidade das persoas con enfermidade mental.


ANIMACIÓN Á LECTURA NAS AULAS DE INFANTIL

 Durante este curso en Educación Infantil traballaron a animación á lectura a través da lectura de diferentes contos e con actividades relacionadas cos mesmos, tanto gráficas como expresivas. Abaixopodedes ver unha mostra dos traballos do alumnado.


29/5/25

27/5/25

OBRADOIRO RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 
A resolución de conflictos de diversas formas e un dos obxectivos de este curso.Para afondar neste tema tan importante na escola neste momento traballamos tamén na aula con expertos externos.

ALIMENTES

 


25/5/25

KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA

 Como gozamos coa historia de Elefantita. Moitas grazas a Jacinto, o ilustrador do libro, e  á profe Gemma.

24/5/25

LETRAS GALEGAS 2025

O alumnado de Seara sempre gozou coa música. Celebran as Letras Galegas con cancións tradicionais.

23/5/25

ENTREVISTA A TANIA, PANDERETEIRA

Tania cóntanos como naceu e se desenvolveu a súa paixón pola pandereta. 

COIDAMOS OS XARDÍNS DE ROSALÍA

Chegou o calor,  os xardíns de Rosalía necesitan coidados para seguir lucindo fermosos, Daniela e Elba adican os seus recreos para que luzan así.


22/5/25

CHARLA CO ESCRITOR MIGUEL ALONSO DIZ

 A rapazada de 3º curso leu como itinerario lector "Axencia Galega de Asuntos Máxicos". Este xoves tiveron a oportunidade de charlar co autor do libro, Miguel Alonso Diz, preguntarlle todas as curiosidades que tiñan sobre o libro e sobre el, e pedirlle que lles adicara os libros. Moitas grazas polo teu tempo e a túa amabilidade, Miguel!



MIGUEL ALONSO DIZ EN RADIO SEARA

 Despois dunha moi interesante charla na Biblioteca do escritor Miguel Alonso Diz co alumnado de terceiro que leu o seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos", pareceunos moi importante que contestase en Radio Seara á pregunta de cales foron as súas razóns para escribir dito libro.

CANTAREIRAS, MARTA E MARGOT