Mostrando las entradas con la etiqueta 21 días en galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta 21 días en galego. Mostrar todas las entradas

3/3/26

21 Días en Galego

 Comezamos unha nova edición dos 21 días en Galego, nos que animamos ao alumnado a usar a nosa lingua as 24 horas do día durante 3 semanas. 

Animamos dende o colexio a que vos unades a eles e que entre todos logremos unha maior integración e uso do noso idioma.




24/2/25

AS NOSAS PALABRAS, 21 DÍAS EN GALEGO

 O alumnado de cuarto coida durante 21 días a súa palabra preferida en galego. Juan explícanos como o fixeron pinchando na primeira foto.  

              



O alumnado de 6º de Educación Infantil traballou palabras de poemas de Uxío Novoneira, Celso Emilio... logo fixeron, polo patio, unha xincana a búsqueda desas palabras, que máis tarde escribiron e debuxaron.








16/2/25

21 DÍAS EN GALEGO : UN POEMA DE LAMAS CARVAJAL

 Nestes 21 Días en Galego o alumnado de 2º traballou o poema que Valentín Lamas Carvajal publicou en 1876 no xornal "O tío Marcos da Portela", unha publicación escrita en lingua galega dirixida especialmente aos campesiños e xente do pobo. 

16/2/22

QUINTO APRENDE A REGUEIFAR

Dentro das actividades propostas polo Concello, recibimos a visita de "Pinto de Herbón" e Luís "O Caruncho" que lle amosaron á rapazada de quinto como crear regueifas.

             

11/2/22

O mundo de Inho

 En 6º participamos no obradoiro de Portugués O mundo de Inho.


É un obradoiro dirixido a 6º de primaria para amosarlles a alumnas e alumnos diferentes chaves

culturais do mundo lusófono, ademais de facerlles descubrir a facilidade para leren textos en 

portugués e así achegarlles a lingua portuguesa. O obradoiro foi pensado, desenvolvido e 

impartido pola AGAL (As. Galega de Lingua), unha entidade que promove a difusión na Galiza

do mundo que se expresa en portugués.



1/2/22

21 días en galego

 Arranca a campaña coa participación, por cuarto curso consecutivo, de todos os centros escolares do Concello de Moaña.





En primeiro gozaron coa exclusiva actuación de Magín Blanco para o Concello de Moaña no espectáculo Xirarei cos Bolechas. Todos os martes e xoves destas tres semanas iranse facendo públicos os vídeos deste proxecto. Toca cantar e bailar cos Bolechas!

26/2/21

Remata a campaña Moaña: 21 días en galego

 O 14 de febreiro rematou a campaña Moaña: 21 días en galego. Tivemos que esperar unhas semanas pero por fin chegou o noso premio. Quen acadou o reto de manter a lingua 21 días levou como premio unha camiseta con deseño de orixe que inaugurará a nova colección SonDe Moda promovida pola arca moañesa Afouta e o grupo NAO Galiza, na que se conxuga a moda e amúsica galega nun mesmo elemento. O deseño foi un segredo ata os últimos días da campaña.



Quedamos encantados co empaquetado das camisetas: respectuoso co medio ambiente 100%















15/2/21

21 días en galego: dicionarios da clase de segundo

Tomando como punto de partida o material sobre a palabra do día compartido polos nosos compañeiros do CEIP Plurilingüe de Tirán, na clase de 2º E.P., traballaron unha palabra en galego cada día e elaboraron os seus propios dicionarios.



1/2/21

O mundo de Inho

 Enmarcado na campaña de 21 días en galego, o alumnado de 6º E.P. participou neste obradoiro desenvolvido por AGAL (Asociación Galega da Lingua) que ten por obxectivo amosarlles aos alumnos e alumnas diferentes chaves culturais do mundo lusófono.

Este son algúns dos materiais empregados para o seu desenvolvemento. En 6º quedaron encantados, están desexando repetir no instituto.

25/1/21

Comeza a campaña Moaña: 21 días en galego

 Hoxe arranca por terceiro ano consecutivo a campaña Moaña: 21 días en galego na que participan todos os centros de ensino moañeses en colaboración co Concello.


Na semana previa, cada centro de ensino envioulles ás familias unha carta informativa sobre a campaña buscando a súa implicación. 



O desenvolvemento da campaña é diferente segundo a idade do alumnado:

  • Nas idades máis temperás (alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria) non se busca o compromiso explícito do alumnado no uso da lingua. Os centros de ensino desenvolverán actividades para todo o grupo como empezar cada día cunha palabra en galego seguindo a orde do abecedario ou aprender cada día unha canción.
  • Para o alumnado maior (desde 3º de primaria ata 6º) a campaña só se desenvolve con aquelas persoas que voluntarimente adquiren o compromiso de manterse en galego as 24h do día durante os 21 días. Estas persoas levarán unha insignia identificativa, e participarán en diversas actividades. Quen acade o reto de manter a lingua 21 días levará un premio que non se desvelará ata os últimos días da campaña.

Durante estes 21 días, o Concello de Moaña programa actividades que se desenvolverán nos sete CEIP moañeses:

– Para 5º de primaria: obradoiros de poesía improvisada dan man de dous coñecidos regueifeiros, Luís o Caruncho e Pinto de Herbón. A actividade rematará cun Certame virtual moañés de poesía improvisada no que competirán vídeos de todos os colexios na TV Caranvexo.

– Para 6º de primaria: obradorios O mundo de Inho nos que o monitorado da AGAL (Associaçom Galega da Língua) amosará ao alumnado as diferentes chaves culturais do mundo lusófono, ensinándolles a ler textos escritos en portugués a través do coñecemento do galego