Mostrando entradas con la etiqueta poemando na escola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poemando na escola. Mostrar todas las entradas

21/3/26

MES DA POESÍA: ESCRIBIMOS POEMAS

Con motivo do Día da Poesía, o alumnado elaborou orixinais caligramas, unha forma artística de expresión na que as palabras se combinan con imaxes para transmitir mensaxes poéticas de maneira visual. Tamén elaborou acrósticos, uns pequenos poemas nos que se escribe unha palabra cara abaixo (en vertical) e se usa cada unha desas letras para iniciar un verso, ao ler as letras darriba a abaixo descúbrese a palabra secreta.


23/3/22

FEBRE DE POESÍA EN CUARTO

Durante marzo os nenos e nenas de cuarto curso estiveron traballando a poesía: versos, estrofas,

tipos de rimas... Este curso apaixonáronse cos acrósticos inspirados nas estacións do ano e nos seus

nomes, compuxeron poemas sobre as emocións, e, inspirados polo libro de Antonio García Teijeiro

“Poemar o mar”, que leron coma itinerario lector, atrevéronse a facer  as súas versións dun dos seus

poemas. Abaixo podedes ver algunhas mostras dos seus traballos.


24/3/21

DÍA DA POESÍA

O 23 de marzo celébrase o Día da Poesía e no cole decidimos facer a nosa propia poesía colectiva. Así pois, partindo dunha primeira estrofa que Searín ideou xunto cos profes, as distintas titorías foron aportando novos versos. Comezamos cos máis pequechos en infantil e a poesía seguiu crecendo ata chegar ao sexto curso. Ademais, o seu contido está enfocado no PDI de centro e podemos asistir á súa lectura comezando o seu percorrido na planta baixa ata chegar ao primeiro andar, pois cada estrofa está plasmada nunha cartolina. 

Como somos conscientes de que a poesía como máis nos gusta é cando alguén nola recita, algúns rapaces e rapazas foron á radio gravala para que poidades escoitar o resultado final. 

Esperamos que vos guste tanto como a nós!!


2/5/18

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO EN SEARA

O 30 de abril o alumnado de terceiro e cuarto tivo a sorte de contar coa visita do poeta Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2017 polo seu libro "Poemar o mar", o primeiro libro de poemas que forma parte do itinerario lector da nosa biblioteca e que nos serviu de grande inspiración no mes da poesía.