Con motivo do Día da Poesía, o alumnado elaborou orixinais caligramas, unha forma artística de expresión na que as palabras se combinan con imaxes para transmitir mensaxes poéticas de maneira visual. Tamén elaborou acrósticos, uns pequenos poemas nos que se escribe unha palabra cara abaixo (en vertical) e se usa cada unha desas letras para iniciar un verso, ao ler as letras darriba a abaixo descúbrese a palabra secreta.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
21/3/26
21/3/25
DÍA DA POESÍA: OSO MIMOSO
A rapazada de 2º curso cóntanos o conto poemado "Oso mimoso" de Bernardino Graña.
DÍA DA POESÍA: RATA LINDA DE COMPOSTELA
O alumnado de 1º de Primaria fixo un precioso teatriño a partir do libro "Rata Linda de Compostela" homenaxeando a Bernardino Graña.
DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO
O alumnado de 6º EI creou e recitou pareados inspirados pola lectura do libro "Si yo fuera un león" de Isabel Pin.
9/4/24
RECITADO DE POEMAS DO MAR NO DÍA DA POESÍA
Os pequerrech@s de 3 anos recitan "O MAR" de Antonio García Teijeiro.
21/3/24
21 DE MARZO.DÍA DA POESÍA. EDUCACIÓN INFANTIL
Poesía e Radio , unha mezcla marabillosa.
21/3/23
24/3/21
DÍA DA POESÍA
O 23 de marzo celébrase o Día da Poesía e no cole decidimos facer a nosa propia poesía colectiva. Así pois, partindo dunha primeira estrofa que Searín ideou xunto cos profes, as distintas titorías foron aportando novos versos. Comezamos cos máis pequechos en infantil e a poesía seguiu crecendo ata chegar ao sexto curso. Ademais, o seu contido está enfocado no PDI de centro e podemos asistir á súa lectura comezando o seu percorrido na planta baixa ata chegar ao primeiro andar, pois cada estrofa está plasmada nunha cartolina.
Como somos conscientes de que a poesía como máis nos gusta é cando alguén nola recita, algúns rapaces e rapazas foron á radio gravala para que poidades escoitar o resultado final.
Esperamos que vos guste tanto como a nós!!

.png)





