Mostrando las entradas con la etiqueta presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta presentación. Mostrar todas las entradas

13/5/26

TRABALLANDO A HISTORIA EN 6º CURSO

O alumnado de sexto elaborou unha televisión de cartón na que se poden visualizar as diferentes etapas, da Prehistoria ata a Idade Contemporánea.

Esta actividade enmárcase nun traballo de investigación no que o alumnado afondou nas distintas etapas da Prehistoria e da Historia a través da consulta de diversas fontes de información. Posteriormente, no marco da Biblioteca Creativa do centro, transformaron os coñecementos adquiridos nun produto artístico e manipulativo, empregando unha televisión de cartón como soporte para representar visualmente os períodos estudados.

A etapa na que máis se detiveron foi a Idade Contemporánea, debido á súa relevancia para comprender o mundo actual.

Como peche da actividade, o alumnado realizará unha exposición oral por grupos diante dos seus compañeiros e compañeiras. Cada grupo centrará a súa presentación nun acontecemento histórico concreto, como a Guerra Civil Española, a Segunda Guerra MUndial, ou o Franquismo, compartindo os coñecementos adquiridos e favorecendo a reflexión sobre estes períodos da nosa historia.

26/3/26

PRESENTACIÓNS EN 5º CURSO

Os alumnos e alumnas de 5º de primaria prepararon cada un unha presentación sobre un animal que eles mesmos escolleron. Para esta actividade non so tiveron que buscar información, organizala e poñela nunha presentación, se non que tamén tiveron que mellorar a súa expresión oral falando sobre o tema e respondendo ás preguntas dos compañeiros/as.

29/2/24

COMO FUNCIONA A NOSA BIBLIOTECA?

 Os axudantes da biblio de Seara fan sempre un bo traballo. Martín,  axudante de sexto curso, fixo esta presentación para explicar como funciona a biblioteca. Deixouno moi claro, grazas Martín!

19/10/20

OS ODS POLO ALUMNADO DE SEXTO

Os maiores do cole animáronse a investigar e facer unhas presentacións marabillosas dos obxectivos de desenvolvemento sostible que imos traballar este ano no PDI. Así, todos podemos entender un poquiño mellor en que consiste cada un deles.

 Bo traballo rapaces/as!!

 

Presentacións realizadas por Etienne, Sabela, Leire Santomé e Diego Verde. 

10/12/16

PERSONAXES DE NADAL

O alumnado de 6º B estivo investigando sobre personaxes de Nadal, coñecían ao Apalpador, pero descubriron outros personaxes típicos de distintas comunidades autónomas. Aquí tedes o resultado dos seus traballos de investigación.

10/3/16

VOLVERÁS GOLFIÑO EN PLÁSTICA

O alumnado de sexto A despois da lectura de VOLVERÁS GOLFIÑO , e da visita de Andrea Maceiras elaborou un traballo plástico sobre a parte do libro que máis lle impactou . Nesta presentación, feita tamén polos nen@s, podedes ver unha pequena mostra do traballo realizado.

17/2/16

EXPOSICIÓNS ORAIS SOBRE O NOSO PROXECTO

O alumnado de sexto está realizando exposicións relacionadas co proxecto "Sons de Galiza". Bruno fixo un interesante traballo sobre "Os músicos do Pórtico da Gloria".