Mostrando entradas con la etiqueta retos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta retos. Mostrar todas las entradas

9/3/26

SEMANA DA PRENSA

 Searín xa repartiu todas as propostas para traballar nesta Semana da Prensa, cantas cousas imos aprender nas aulas! 

Pero no panel da biblio tamén deixou un reto: Cales das noticias credes que son verdadeiras ou falsas?

30/11/24

RETOS DE XADREZ NA BIBLIOTECA

No panel da biblioteca tedes un montón de desafíos ou retos para xogadores e xogadoras de xadrez. Mira ben os desafíos: a onde debes mover o alfil? E o cabalo? e as brancas?... Para resolvelos mellor usade as plantillas que hai na mesa, e se vos resulta difícil podedes ler as pistas.


3/5/21

RETOS LEGO

Unha das novidades que ofreceu este curso a biblioteca ao noso alumnado foi a creación do recuncho argalleiro. Alí, nas súas sesións semanais crean, investigan, xogan... e tamén atopan retos para levar a cabo cos legos, pois é un dos xogos máis demandado e utilizado na biblio.