O alumnado de 5º de primaria participou no Festival Online de Cine Documental Nanook Docukids. Un festival onde os alumnos e alumnas eran o xurado do festival, e onde cada un votou polas distintas curtas documentais. A rapazada tivo a oportunidade de coñecer historias reais protagonizadas por nenos e nenas de distintas partes do mundo, historias que os fixeron pensar e que mostran situacións desafiantes e diferentes formas de ver o mundo. Na clase o máis votado foi “O meu pai ten alzhéimer”, o segundo posto foi para “A miña historia non contada, Grino” (que é sobre un neno adoptado). Despois quedou “O escondite” e por último “Tasmina: The Horse Girl”. Ademais as películas fixéronlles pensar sobre eles mesmos e entender que as súas opinións son importantes.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Mostrando entradas con la etiqueta cinema. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cinema. Mostrar todas las entradas
19/3/26
FESTIVAL DE CINE DOCUMENTAL
Etiquetas:
cine,
cinema,
Curso 2025-2026,
Curtametraxes,
Docukids,
documental,
festival,
nanook,
Xurado
18/9/25
ACUDIMOS AO FIC BUEU!
Nesta ocasión foron os alumnos de 5º e 6º os que asistiron ao MINI-FIC o programa do FIC (Festival Internacional de Curtas de Bueu) adicado ao público infantil e xuvenil.
Etiquetas:
cinema,
Curso 2025-2026,
Curtametraxes,
FIC Bueu,
saidas
18/5/23
CINEMA CON PERSPECTIVA EN 5º CURSO
Dentro do programa da Consellería de Cultura de "Cinema con perspectiva" o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria puido disfrutar da proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero co obxectivo de fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e ad desigualdades.
Despois da proxección María Ruíz, integrante do equipo do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu moderou un coloquio para estimular a capacidade reflexiva do alumnado sobre os valores e mensaxes ocultas oresentes nas filmacións.
Etiquetas:
cinema,
CONVIVE-T,
Curso 22-23,
Curtametraxes,
EMOCIONA-T,
IGUALA-T,
igualdade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







