Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil. Mostrar todas las entradas

13/2/22

A MULLER E A NENA NA CIENCIA EN INFANTIL

 Un ano máis contamos coa colaboración das familias para que nos falen de ciencia e dos seus traballos. Moitas grazas!













31/5/21

Contacontos en infantil

Hoxe, o alumnado de Infantil tivo unha visita moi especial: a contacontos Uxía que lles narrou a historia dun mundo de persoas redondas e como o Deus grego Zeus corta a cada individuo de forma diferentes, facendo fincapé nas relacións das persoas a pesar das súas diferenzas. 
 



Moitas grazas ao Concello de Moaña, xa que foi o encargado de organizar esta sesión para os nosos pequechos e pequechas!.
 

13/10/20

Lecturas que nos unen

 En Educación Infantil descubriron este conto marabilloso!


Un conto que fala de como poder seguir sendo amigos/as e mostrándonos o afecto dende a seguridade da distancia física que tan necesaria é actualmente.

Así o deixaron reflectido, estos pequenos/as, nas súas aulas:






9/10/20

"AS MANS LIMPIÑAS"

O alumnado do mandilón morado subiu á radio a gravar a canción das mans limpiñas. Logo realizaron un vídeo con todos os pasos que temos que seguir para lavar moi ben as mans, pois xa sabemos que é importantísimo habitualmente, pero máis nos tempos que corren. 

O resultado non podía ser máis chulo! Searín xa canta a canción en bucle...e ti? Anímaste a cantala tamén mentres lavas as mans? 

Parabéns nenas e nenos!! 

6/11/19

DESCUBRINDO OUTROS COSTUMES ARREDOR DO MUNDO

As pequechas e os pequechos de Educación Infantil tamén están inmersos/as no PDI. 
Desta volta, aproveitaron estes días para coñecer costumes típicos doutros países e tiveron a sorte de contar cunha familia procedente de México que lles relatou como se celebran alí estas datas.
Faláronlles do "Día de muertos", das ofrendas que alí se lles fan aos seres queridos que xa non están con nós, de lendas como o "Nahual", "La Llorona", "El callejón del beso", "A historia de amor de Popocatépetl e Iztaccíhuatl... e todo isto, acompañado de música tradicional mexicana! 





Ao finalizar, a nosa antiga profe Eli, recitoulles unha poesía que ela mesma creou. 


Moitas grazas a esta familia por facernos pasar un ratiño tan divertido e ensinarnos tantas cousas!!


5/11/19

CONTOS PARA RIR DE MEDO EN INFANTIL

Estes días, en Educación Infantil, estiveron a tope facendo cousiñas para celebrar o Samaín. 
Queren compartir convosco os contos cos que máis se divertiron e que forman parte do Obradoiro de Animación á Lectura. 

  • "Unha pantasma con asma". Os pequechos fixeron a súa propia pantasma utilizando material de refugallo. Mirade que medo dan!!



  • ¡Fuera de aquí, horrible monstruo verde!. Grazas a este conto probaron novas técnicas plásticas, compuxeron o seu propio monstro e fixeron un mural de medo para colocar na porta da aula. 





12/5/19

CONTOS CO ESCORNABOT

Co motivo do Día do Libro en abril e, ata pasadas as Letras Galegas, coa profe Luisa nas aulas de infantil estiveron xogando cos Escornabots usando láminas basadas en contos.

Éstos son os contos nos que están baseadas as distintas láminas:

• “A que sabe a lúa?” (Michael Grejmiec. Kalandraka Editora, 2018)
• “Corre corre cabaciña” (Eva Mejuto. OQO editora 2016)
• “O Grúfalo” (Julia Donaldson. Grupo Editorial Bruño, S.L., 2017)
• “Carapuchiña vermella” (Charles Perrault, 1967, os irmáns Grimm, 1812)
• “Os tres porquiños”

Os nenos e nenas xogan en grupo e, en cada un dos contos, por quendas van movendo o escornabot. Cada conto ten súas propias regras, que poden variar dependendo da dificultade que queiramos. Ademáis, algúnhas das láminas van acompañadas de “cartas” cos mesmos debuxos ca lámina, para que cada neno e nena saiba cando é a súa quenda e ata onde teñen que chegar.



Xógase deste xeito:

• “A que sabe a lúa?”: O escornabot sae dende a base. Cada neno/a ten unha tarxeta cun animal. Collen a tarxeta e leva o escornabot ata ese animal na lámina.

• “Corre, corre cabaciña”: En grupo de 4 nenos e nenas. Cada neno/a colle unha tarxeta. O escornabot comeza na casa, e comeza a movelo o neno/a que ten o lobo, logo o que ten o oso, despóis o león e, por último, a cabaza. Logo volve á casa pasando outra vez por tódolos persoaxes.

• “O Grúfalo”: Mesma dinámica ca do conto “Corre, corre cabaciña” pero cos persoaxes do conto “O Grúfalo”. Neste caso o esconrabot comeza no rato.

• “Carapuchiña vermella”: O escornabot comeza na casilla onde se atopa Carapuchiña co lobo. O neno ou nena que lle toque, decide o camiño a seguir ata a casa da avoa, o de Carapuchiña (longo) ou o do lobo (curto).

• “Os tres porquiños”: Grupo de 3 nenos e nenas. O escornabot sae dende onde se atopa o lobo. Cada nenos/a colle unha tarxeta (casa de palla, casa de madeira e casa de pedra). Comeza o neno/a que ten a casa de palla e leva o escornabot ata ella. A continuación, é a quenda do que ten a casa de madeira, e leva ó escornabot ata esa casa dende a de palla. E por último, o escornabot é levado ata a casa de pedra polo neno/a que ten esa tarxeta. En resumen, o escornabot é o lobo e ten que ir polas casas dos porquiños.

6/5/19

SERPES DE CORES E ESCORNABOTS

Esta actividade realizou a profe Luisa na aula de 3, 4 e 5 anos, en diferentes formas de xogo grupal co seguinte material: 
1- Serpe curta: composta pola saída (cola) e 6 cadrados, cada un dunha cor. Esta serpe ten un punto de movemento no medio.
2- Serpe longa: composta pola saída (cola) e 12 cadrados, con seis cores repetidas. Esta serpe ten tres puntos de movemento ao longo dela.
3- Dado: de seis cores, un en cada cara, as mesmas que a serpe.
Hai diferentes modalidades de xogo, empezando na aula de tres anos coa serpe curta, e na aula de cinco anos coa longa. Do máis fácil ao máis difícil, as actividades que fixeron son:
  1. Serpe curta recta, por grupos de nenos. En cada quenda, o neno que lle toque tira o dado. O Escornabot sae dende a cola e ten que avanzar ata a cor que lle saíu.
  2. Serpe curta dobrada. En cada grupo de nenos, ó que lle toque tira o dado e avanza dende a cola ata a cor que lle saíu. Pode xirar na esquina se a cor que lle tocou está posterior á esquina.
  3. Serpe longa recta. En cada grupo, o neno que lle toque tira o dado e avanza ata a cor que saíu. O seguinte neno tira o dado e empeza dende onde quedou o Escornabot da quenda anterior. Deste xeito, pode avanzar cara adiante ou cara atrás.
  4. Serpe longa facendo un cadrado (a punta da cola está tapada pola cabeza). En cada grupo de nenos, o que lle toque tira o dado e avanza dende un cadrado calquera ata a cor que lle saíu no dado. Nesta serpe van avanzando e teñen que xirar nas esquinas.
  5. Serpe longa non recta. En cada grupo, o escornabot comeza na cola e vai avanzando ata a cor que saíu. Como a serpe non é recta, cando o neno que lle toque chega a unha esquina, ten que xirar nesa esquina. O neno que lle toque a quenda, pode colocar a serpe como queira.
  6. Serpe moi moi longa, é dicir, pegamos moitas serpes unha a continuación da seguinte para crear unha única serpe en forma de cadrado ou rectangular xigante. Colócanse tres ou catro escornaots ao longo da serpe e, por quendas, tiran o dado e avanzan ata chegar a cor que lles tocou. O divertido é que algúns dos escornabots chegan a atoparse con outro, se enfrontan e os nenos teñen que salvar a situación.

22/1/19

ESCORNABOTS EN INFANTIL

Os pequenos de catro anos realizan a rutina do tempo cos escornabots, abaixo podedes ver o ben que o fan.

3/4/17

SUPERHEROES EN INFANTIL

Os nen@s de Infantil estiveron aprendendo moitas cousas sobre como ser un superheroe. Aquí o podedes ver:

16/3/17

OS GLOBOS EN INFANTIL

O alumnado de Infantil coñece os globos