Mostrando las entradas con la etiqueta As familias tamén contan. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta As familias tamén contan. Mostrar todas las entradas

22/2/25

OBRADOIRO DE BONECAS DE TRAPO

 Rematado este obradoiro de bonecas de trapo que tanto gozamos o alumnado, as familias e tamén as mestras. Moitas grazas ás familias que viñeron  axudarnos, sen vos non sería posible.

7/11/23

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS: BUQUE OCEANOGRÁFICO RAMÓN MARGALEF

 Rubén, o pai de André e Luca, viu ao colexio para falarnos do buque oceánografico no que traballa. Mostrounos como é o buque por dentro, o traballo que realizan e a importancia que ten para o coidado da vida mariña. Moitas grazas.


24/5/21

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN!!

Co galo do Día do Libro, as familias da clase do mandilón vermello de infantil viñeron diferentes días a contarlle aos pequechos e pequechas contos. Pasárono xenial con todas as historias que lles contaron!! Aquí tedes un resumo desta experiencia tan chula que tiveron!! 



Moitas grazas familias!!

13/5/20

ESCOLA VIRTUAL DE LECTURA PARA FAMILIAS CURIOSAS

O Salón do Libro de Pontevedra continúa convertendo as súas actividades en formato virtual. Desta volta é o turno da "Escola de lectura para familias curiosas". Ata agora esta iniciativa só era posible realizala asistindo ao Pazo da Cultura en Pontevedra, mais xa está dispoñible para que todas as familias poidades gozalas á través da rede.  
Fixádevos no programa! Ten propostas moi interesantes que seguramente son do agrado de todos! 






6/5/20

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN


Hoxe imos gozar coa lectura e representación dun conto clásico coñecido por todos vós: Os tres porquiños.
Nesta ocasión temos uns contacontos moi especiais: Xián e Aroa Calvar xunto coa súa familia.
 Xa veredes como vos encanta o resultado!!
Moitas grazas familia, por compartir con nós este bonito momento.







Espero que máis familias se animen a participar e enviarnos os seus contos 
a → abibliodesearin@gmail.com

27/1/20

VIAXAMOS A MÉXICO DA MAN DE ÓSCAR SIERRA


O venres pasado, Óscar, o papá de Martina de 2º, veu contarnos un montón de cousiñas interesantes sobre México. El estivo vivindo alí durante seis anos cando era rapaz, así que nos descubriu a fauna máis abundante no país, as comidas típicas, tamén nos falou da música e cultura mexicana e incluso nos ensinou a un coñecido superheroe: el Chapulín Colorado. 
Puidemos preguntarlle moitas dúbidas e curiosidades e pasamos un momento moi agradable.

Moitas grazas Óscar, por vir compartir connosco a túa experiencia e sabedoría!





19/5/15

AS NAIS DE 4 ANOS CONTAN CONTOS NA ESCOLA

As nais dos alumnos de 4 anos tamén foron as aulas a contar contos; contos para explicar o autismo, contos para abrir o apetito... variedade de temáticas para facer que os mais pequenos disfruten dos relatos e se apaixoen por cada unha das historias que poden atopar nos libros: