Mostrando entradas con la etiqueta ods 12. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ods 12. Mostrar todas las entradas

9/6/21

XA TEMOS AS NOSAS "MARAÑOLAS"

En música, os cursos de 4º e 5º de primaria estiveron nas últimas semanas enfrascados na construción de instrumentos musicais. Así, contribuíndo ao ODS 12 realizaron un instrumento moi peculiar chamado "marañola", pois é unha mestura entre unha maraca e unha castañola. Fixémolo con cartón e tapóns e decorámolo con papeis de cores. Agora xa teñen un instrumento máis para acompañar cancións e realizar ritmos. 

Aquí tedes o paso a paso e o resultado final. Animádevos a facelas!








 


22/2/21

A RECICLAXE NO ENTROIDO!

Se algo estamos aprendendo este curso co noso proxecto é que podemos facer infinidade de cousas bonitas a partir da reciclaxe. No vídeo recóllese unha pequena mostra da imaxinación do noso alumnado xunto coas súas familias para traer ao colexio todo tipo de accesorios durante a semana do Entroido. 

Os taboleiros do Pinterest para inspirarvos non se achegan ás marabillas que atoparedes no vídeo!




13/2/21

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio e o alumnado de valores de 2º pareceulle que era o día indicado para publicar as súas ideas para mellorar o planeta que foron gravar á Radio Seara. A radio ten o poder de comunicar e de chegar a un número moi grande de persoas e iso é o que as crianzas de segundo queren: que todos poidades escoitar as súas ideas e consellos para que entre todos poidamos facer mellor as cousiñas seguindo a aprendizaxe do noso PDI.  



E ti? Anímaste a levar a cabo as súas indicacións?

Bo traballo, rapaces/as!!

12/1/21

AS ECOPATRULLAS XA ESTÁN DE VOLTA!


As ecopatrullas xa están funcionando en todos os niveis! Este curso debido á problemática do Covid-19 tardamos un pouquiño máis en poñer en funcionamento esta iniciativa que comezou o curso pasado coa colaboración de Voz Natura e que continúa sendo esencial para o bo funcionamento do centro e o cumprimento dos ODS, especialmente no que respecta aos obxectivos 11 "Cidades e comunidades sostibles", 12 "Consumo responsable" e 13 "Acción polo clima". 

Entre as responsabilidades das ecopatrullas están: 

  • Revisar que non quede lixo no chan.
  • Comprobar que as luces quedan apagadas cando non hai ninguén na aula.
  • Regar as verduras e hortalizas do invernadoiro (cando o necesiten).
  • Levar as mondas á composteira e remover o orgánico. 
  • Revisar as papeleiras de reciclaxe, pesar o seu contido e levalo aos colectores correspondentes.