Mostrando las entradas con la etiqueta reciclaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta reciclaxe. Mostrar todas las entradas

9/6/21

XA TEMOS AS NOSAS "MARAÑOLAS"

En música, os cursos de 4º e 5º de primaria estiveron nas últimas semanas enfrascados na construción de instrumentos musicais. Así, contribuíndo ao ODS 12 realizaron un instrumento moi peculiar chamado "marañola", pois é unha mestura entre unha maraca e unha castañola. Fixémolo con cartón e tapóns e decorámolo con papeis de cores. Agora xa teñen un instrumento máis para acompañar cancións e realizar ritmos. 

Aquí tedes o paso a paso e o resultado final. Animádevos a facelas!








 


16/3/21

AS FLORES DE SEARA POR CARLA COSTAS

Gustouvos tanto o proxecto de decoración que Carla e a profe Salomé realizaron para o Día da Muller, que nos pareceu unha idea xenial poder coñecer o paso a paso para así poder facelo todos nós cando queiramos, no cole ou nas nosas casas coa familia. 
Pois aquí tedes o vídeo que gravou Carla co paso a paso do proxecto para facilitarnos a tarefa.

   


Moitas grazas Carla!! Seguro que un montón de nenos e nenas se animan a facelo, pois o resultado é espectacular!!

22/2/21

A RECICLAXE NO ENTROIDO!

Se algo estamos aprendendo este curso co noso proxecto é que podemos facer infinidade de cousas bonitas a partir da reciclaxe. No vídeo recóllese unha pequena mostra da imaxinación do noso alumnado xunto coas súas familias para traer ao colexio todo tipo de accesorios durante a semana do Entroido. 

Os taboleiros do Pinterest para inspirarvos non se achegan ás marabillas que atoparedes no vídeo!




5/2/21

ENTROIDO 2021 EN SEARA

Amiguiñas e amiguiños! A meca xa está na entrada do cole coas ordes preparadas para comezar o tempo de entroido o próximo luns. Este ano os maiores crearon a meca seguindo as características do noso proxecto: reutilizando e reciclando un montón de cousas. Xa vistes que orixinal e elegante está? Pois agora poñede atención ás ordes e sacade toda esa imaxinación e creatividade que levades dentro para sorprendernos a semana que vén.

21/12/20

Participamos na iniciativa "Moaña Libre de Plásticos"

En relación co noso PDI de centro ("Camiñando cara o 2030"), tivemos a visita dunhas expertas en sostibilidade que nos falaron da importancia que ten a redución do uso e consumo de plásticos, así como de depositalos no seu lugar correspondente en vez de tiralos ao medio ambiente.



Grazas ao Concello de Moaña, por facer posible este tipo de iniciativas, tan necesarias para a natureza e para a nosa saúde.

Se queredes profundizar máis nesta proposta, pinchade aquí:

http://moana.libredeplasticos.gal/














18/6/20

ECO-GRAZAS!

Dende Voz Natura e a biblio queremos darvos as grazas familias, por participar nos eco-retos feitos durante o confinamento. O resultado non podía ser mellor!! Encántannos cada unha das obras que conseguistes facer!!

Preme na imaxe para poder velas!






8/5/20

OS MARCAPÁXINAS DO ECO-RETO

Lembrades o eco-reto que lanzamos polo Día da Terra - Libro  para deseñar un marcapáxinas con material de refugallo? Pois aquí están!! Molan un montón!
 Grazas a tod@s por participar e continuar loitando por mellorar o noso planeta! Sodes os mellores!



















22/4/20

22 DE ABRIL. DíA INTERNACIONAL DA TERRA

Hoxé é o Día da Terra e dende Voz Natura en colaboración coa biblio polo mes do libro, temos unha proposta moi chula que vos animo a que fagades, pois  é moi sinxela!
Consiste en facer un marcapáxinas con material de refugallo. Podedes utilizar como base un cartón de leite, ou tamén unha caixa de galletas, cereais, etc. Logo só tedes que deixar voar a vosa imaxinación e decorala con calquera material que teñades pola casa: fíos, papeis, algodón... moita cor e pegamento e...voilà! Seguro que o resultado é un marcapáxinas bonito, orixinal e único.



Si te animas a facelo, envíanos a túa foto a → abibliodesearin@gmail.com para despois poder publicala.

Aquí, déixovos este vídeo que invita a reflexionar un pouquiño sobre o que lle acontece ao planeta e como podemos axudalo a mellorar.









13/2/20

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN EN 6º

Onte o alumnado de 6º tivo a sorte de experimentar as posibilidades de tocar música a través de materiais moi diversos: botes de pintura, botellas de plástico, bidóns...
Da man do músico cubano Didier, aprenderon a técnica de agarre de baquetas e ritmos diversos. Conseguiron montar unha peza musical que posteriormente tocaron para todos nós no ximnasio.
O resultado foi espectacular! Gozamos un montón co concerto!!



29/1/19

OS BOLECHAS ENSINAN A RECICLAR OS RAEE EN SEARA

Os Bolechas están moi preocupados polo aumento do lixo electrónico e por iso decidiron convertirse nos Electrecos, os superheroes da reciclaxe dos RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos).  En Seara foi o alumnado de Primeiro e de 5 anos o que recibiu a súa visita, pero clicando na foto de abaixo tod@s podedes acceder á súa páxina co material.