Co galo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de primeiro e segundo encheron o corredor do primeiro andar con debuxos inspirados na nosa escritora máis célebre.
Así pois, en primeiro decidiron facer retratos de Rosalía inspirándose na canción "Rosalía pequeniña", e aínda que aparecen Rosalías de todos os tipos, sen dúbida algunha a que triunfou foi a "Rosalía pirata".
En segundo a inspiración veu dada polo poema "Adiós ríos, adiós fontes" e a partir do mesmo realizaron uns cadros preciosos cheos de cor e formas.
Noraboa polo traballo rapazada!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario