DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
21/3/25
19/1/25
BERNARDINO GRAÑA
Onte faleceu en Nigrán Bernardino Graña, o poeta do mar do Morrazo. Sempre formará parte do CEIP Seara, dende hai moitos anos unha das aulas leva o seu nome. O curso pasado o alumnado de terceiro de Educación primaria gravou na radio o poema " Oda ós mariñeiros de Cangas" repetimos a gravación como recordo.
12/11/23
POEMA DE OUTONO
O alumnado de 1º curso de Primaria recita un pequeno poema sobre o outono.
28/5/23
POEMAS EN SEGUNDO DE PRIMARIA
O alumnado de 2º curso preséntanos os poemas que (ademais do de Campanas de Bastabales) aprenderon este curso.
23/2/23
12/2/23
A ARTE EN VERTICAL
A arte en vertical é unha maneira diferente de pintar, escribir , debuxar e tamén de escoitar recitados de poemas gardados en códigos QR que favorece a coordinación óculomanual. mellora o tono muscular , a orientación espacial ...
3/5/22
Scratch coa poesía de Fran Alonso
O alumnado de 5º curso puso en práctica os seus novos coñecementos de Scratch para mostrar o aprendido sobre a obra de Fran Alonso e preparar a súa visita.
23/3/22
FEBRE DE POESÍA EN CUARTO
Durante marzo os nenos e nenas de cuarto curso estiveron traballando a poesía: versos, estrofas,
tipos de rimas... Este curso apaixonáronse cos acrósticos inspirados nas estacións do ano e nos seus
nomes, compuxeron poemas sobre as emocións, e, inspirados polo libro de Antonio García Teijeiro
“Poemar o mar”, que leron coma itinerario lector, atrevéronse a facer as súas versións dun dos seus
poemas. Abaixo podedes ver algunhas mostras dos seus traballos.
21/3/22
14/1/22
BENVIDO INVERNO
24/2/20
24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA
Baixo o lema "Errantes polo mundo" o alumnado traballou con fotos e debuxos o tema das migracións. En cada pé de de foto recóllense versos de Rosalía que tratan as migracións. Así pois, podemos ver fragmentos de poemas como "Airiños, airiños, aires", "Adios ríos, adios fontes", "Castellanos de Castilla" ou "Pra a Habana!" entre outros.
O resultado non podía ser máis espectacular. Que gusto ter os corredores do cole inundados da poesía de Rosalía!
Aquí tedes unha pequena mostra.
Esperamos que vos guste!!
13/2/20
ANTONIO G. TEIJEIRO VISITA SEARA
Como colofón da visita, o alumnado de 5º fíxolle unha entrevista na radio coa que podedes aprender e saber máis cousiñas sobre tan importante escritor galego.




.png)




