Mostrando entradas con la etiqueta recreos na biblio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recreos na biblio. Mostrar todas las entradas

7/6/26

VOU A BIBLIO NO RECREO!

 Nos recreos a biblioteca do cole convértese en moito máis ca un espazo para a lectura. Entre andeis e libros, o alumnado atopa tamén un lugar para compartir, aprender e divertirse dun xeito diferente. 

Os xogos de mesa ocupan un papel protagonista, favorecendo a convivencia, o respecto polas normas e o traballo en equipo, ademais os que se animan co xadrez desenvolven a concentración e o pensamento lóxico.

Na nosa biblioteca tamén teñen unha presenza destacada os xogos de construción, que estimulan a creatividade e a imaxinación. Con eles a rapazada experimenta, crea e colabora. Ademais a biblioteca énchese de vida con outras actividades como tocar o piano, descubrir novos xogos ou participar en obradoiros organizados por profes ou alumnos e alumnas. Por exemplo, o obradoiro de calceta, organizado polas rapazas de cuarto, permitiu desenvolver habilidades manuais e crear vínculos entre o alumnado.

A biblioteca do colexio ensínanos que tamén se aprende xogando, conversando, creando e gozando xuntos. Pero, sobre todo, queremos que a nosa biblioteca sexa un lugar onde cada neno e nena poida atopar o seu espazo e medrar como persoa.

Deixámosvos aquí un vídeo dalgúns momentos de recreos na biblio.

15/9/25

PRIMEIROS RECREOS NA BIBLIOTECA

Como había tantas ganas de que funcionara a biblioteca nos recreos houbo rapidamente que ultimar detalles e abrir as portas de par en par.

6/12/24

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

No CEIP Seara este mes da ciencia nos adicamos a ampliar coñecementos curriculares relacionados con diferentes areas científicas, como a astronomía, botánica e o corpo humano. Profundizamos, en relación co PDI, no  Xadrez, que está considerado como o deporte ciencia. Este xogo estratéxico foi obxecto de estudo e análise por parte de expertos en diversas áreas científicas,  que descubriron  que o xadrez e a ciencia están estreitamente relacionados con ámbitos científicos como a intelixencia artificial, as matemáticas, a neurociencia e a psicoloxía cognitiva.

14/4/24

RESULTADOS OBRADOIRO DE MACRAMÉ