DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
11/11/23
24/11/20
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
No colexio, cada titoría estivo durante este mes realizando diversos experimentos. Investigaron, atoparon problemas durante a súa execución, buscaron solucións e quedaron abraiados vendo os resultados! O mellor de todo é que esta semana tiveron que presentar os seus experimentos aos compañeiros doutras clases, e así a aprendizaxe toma sentido completo.
Durante a primeira semana de decembro iremos colgando no blog cada un dos experimentos que cada clase realizou. Estade ben atentos!!
1/11/20
COMEZAMOS COS ECO-RETOS!!
Este mes de novembro imos comezar cunha proposta moi interesante impulsada por Voz Natura e Searín de acordo co noso PDI "Camiñando cara o 2030".
Chámase "Eco-Retos" e consiste en promover accións e hábitos necesarios para acadar os obxectivos da Axenda 2030 (diminución de plásticos de un só uso, reciclaxe, eficiencia enerxética, hábitos de consumo responsable…)
Cada un de vós terá un carné co seu nome no que irá rexistrando aqueles retos que consiga cumplir ao longo deste curso. Esperamos que logredes realizalos todos, pois haberá unha recompensiña ao esforzo e constancia!.
Comezamos co eco-reto do mes de novembro?





