Mostrando las entradas con la etiqueta edlg. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta edlg. Mostrar todas las entradas

9/4/24

RECITADO DE POEMAS DO MAR NO DÍA DA POESÍA

 Os pequerrech@s de 3 anos recitan "O MAR"  de Antonio García Teijeiro.



A rapazada de 4 anos recita un poema do libro "POEMAR O MAR"  de Antonio García Teijeiro.



Os nenos e nenas de 5 anos recitan "UNHA SEREA POETA", de Antonio García Teijeiro.



A rapazada de 1º curso recita os poemas "PEIXIÑO PEQUENO", de Ana Fernández; "O MEU AVÓ", de Antonio García Teijeiro; "O MEU VECIÑO PIRATA, de Daniel Ameixeiro; "O MAR", de Xoán Neira; e "ADIÓS RÍOS: ADIÓS FONTES", de Rosalía de Castro.


O alumnado de 3º recita un fragmento de "ODA AOS MARIÑEIROS DE CANGAS" de Bernardino Graña.

12/11/23

POEMA DE OUTONO

O alumnado de 1º curso de Primaria recita un pequeno poema sobre o outono.

21/10/23

O CEIP SEARA NO CAMIÑO

Sexto de primaria e o EDLG do CEIP Seara andiveron, suaron e sobre todo gozaron facendo dúas etapas do camiño.


15/12/20

LECTURAS PARA SOÑAR

Como cada ano así que se achega o Nadal, compartimos con vós as guías de lectura elaboradas pola coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.  

O lema deste ano é "Move o corazón da túa vila, visita a túa libraría". Un lema realmente fermoso e que cobra máis significado nestes momentos que vivimos. Así que animámosvos a mercar nas librarías que tedes preto da casa onde vos recomendarán contos que vos encantarán e o trato será máis achegado. Ademais, contribuirás a reducir a túa pegada de carbono... todo son vantaxes! 

As guías que o alumnado levou para a casa están cheas de novidades e adaptadas segundo as diferentes idades para que vos sexa máis fácil elixir. Searín xa está tomando nota dos libros que nos faltan na biblio para agasallarnos con eles á volta do Nadal. 

Este Nadal comparte lecturas cos teus, soñade xuntos.