Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

20/2/26

Testamento do Meque Pánfilo

Este ano no Seara finou Pánfilo. Velaquí o que nos deixou a cada aula.

16/2/26

ENTROIDO EN SEARA

Este ano, por mor do mal tempo, non fixemos o tradicional desfile de Entroido ata o centro de Moaña para cantar as murgas que compoñemos nestas datas. Pero isto non impediu que as actuacións das murgas se fixeran dentro do cole, que disfrutáramos das tradicionais merendas de entroido, que os nenos e nenas de sexto leran o testamento do meque, nin que queimáramos a este con gran gozo por parte de tod@s. Viva o Entroido de Seara!!!

Abaixo podedes ver algunhas fotos dos distintos cursos e da celebración máis abaixo. Na entrada anterior do blog podedes escoitar as murgas. 











9/2/26

RETO DE ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Xa temos un novo reto na biblioteca, neste caso para os máis maiores, os pequenos poden facelo coas profes. Abaixo tedes o reto e as investigacións que hai que levar a cabo. Podedes usar os libros da exposición da biblio e o enlace que tedes no PDF.



6/2/26

COSENDO O TRAXE DE ENTROIDO

 Un curso máis o alumnado coseu parte do seu traxe de Entroido, se lles dá fenomenal!

27/3/25

CARTAS DENDE A RÍA. POSTALES DE ENTROIDO

 Na nosa colaboración co CEIP Virxen do Carmen de Sober (Lugo), o alumnado enviou unha postal-foto de cada curso cos seus disfraces de entroido.

17/2/24

ENTROIDO SEARALGAS

 A pesares da chuvia pasamos un marabilloso día de ENTROIDO, murgas, filloas, testamento e moitas gargalladas.

                

26/2/23

REMATA O ENTROIDO

Despedimos o Entroido. Moitas grazas a nosa AMPA e a toda a comunidade educativa que se animou a participar.

      

1/2/23

Searín Informa - FEBREIRO

 Chegaron as novidades de febreiro! E este mes temos varios xogos de mesa cos que o ides pasar xenial. Lembrade que podedes vir á biblioteca todos os recreos para probalos!



2/3/22

ENTROIDO DE CORES

 As distintas cores do cubo de Rubik  son coma as múltiples diferenzas entre as persoas: fan mellor a nosa vida. 
         

ENTROIDOS TRADICIONAIS

A rapazada de primeiro aprendeu moitísimas cousas sobre os entroidos tradicionais da provincia de Ourense. O seu interese chegou ata Laza e Xinzo de Limia de onde lles mandaron uns videos con saúdos dos Peliqueiros e das Pantallas.

                   


              

28/2/22

CUMPRIMOS AS ORDES DO MECO

A semana do Entroido resultou moi divertida coas ordes do Meco. 

           

1/3/21

POLO ENTROIDO, MURGAS!

Como todos os cursos, o alumnado creou as murgas para logo poder cantárnolas ao resto do cole no patio o día do entroido. Ademais, como este ano familias, non puidestes acompañarnos, subiron á radio para poder gravala e así facérvola chegar. 

Seguro que vos encantan! 

23/2/21

CELEBRAMOS O ENTROIDO!

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra da celebración do día do Entroido no noso cole. Como xa vén sendo tradición, cada curso cantou a murga que creou na súa clase. Este ano, como non podía ser doutra maneira,  o tema máis comentado foi a nosa vivencia co Covid-19. Os maiores do cole ademais construíron un "coronameco", leron o seu testamento e todos asistimos á súa queima. 

Esperamos que vos guste!