Mostrando las entradas con la etiqueta murgas. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta murgas. Mostrar todas las entradas

16/2/26

ENTROIDO EN SEARA

Este ano, por mor do mal tempo, non fixemos o tradicional desfile de Entroido ata o centro de Moaña para cantar as murgas que compoñemos nestas datas. Pero isto non impediu que as actuacións das murgas se fixeran dentro do cole, que disfrutáramos das tradicionais merendas de entroido, que os nenos e nenas de sexto leran o testamento do meque, nin que queimáramos a este con gran gozo por parte de tod@s. Viva o Entroido de Seara!!!

Abaixo podedes ver algunhas fotos dos distintos cursos e da celebración máis abaixo. Na entrada anterior do blog podedes escoitar as murgas. 











1/3/21

POLO ENTROIDO, MURGAS!

Como todos os cursos, o alumnado creou as murgas para logo poder cantárnolas ao resto do cole no patio o día do entroido. Ademais, como este ano familias, non puidestes acompañarnos, subiron á radio para poder gravala e así facérvola chegar. 

Seguro que vos encantan! 

23/2/21

CELEBRAMOS O ENTROIDO!

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra da celebración do día do Entroido no noso cole. Como xa vén sendo tradición, cada curso cantou a murga que creou na súa clase. Este ano, como non podía ser doutra maneira,  o tema máis comentado foi a nosa vivencia co Covid-19. Os maiores do cole ademais construíron un "coronameco", leron o seu testamento e todos asistimos á súa queima. 

Esperamos que vos guste!

23/2/20

AS NOSAS MURGAS. ENTROIDO 2020

E aquí tedes as murgas que cantamos no día do Entroido! Gravámolas na radio para que poidades aprendelas e escoitalas unha e outra vez!
Molan moito! A que sí??

















21/2/20

ENTROIDO 2020

E chegou o entroido!! Este curso, disfrazámonos ao igual que o noso PDI, de "xentes" do mundo. O alumnado de Infantil representou África disfrazándose de masáis. 1º e 2º  convertéronse en mexicanos/as. A rapazada de 3º e  4º fixeron o mesmo de hindús e, finalmente o alumnado de 5º e 6º de xaponeses.
Fixemos o tradicional desfile polo pobo e subimos ao palco a cantar as murgas que previamente preparamos nas aulas.

Despois merendamos doces típicos desta época e queimamos a Meca.

Pasámolo xenial!!


4/3/19

AS NOSAS MURGAS DE ENTROIDO E O TESTAMENTO DO MECO

Aquí podedes botarlle unha ollada ás murgas que os distintos grupos escribiron para a celebración do Entroido:

 E aquí tedes o Testamento do Meco

15/2/18

ENTROIDO EN SEARA

E por fin chegou o venres! Disfrazados de científicos, desfilamos pola rúa e cantamos as murgas no palco. Despois, volta ao cole para merendar cos postres típicos do Entroido e queimar a Meca.



5/3/17

ENTROIDO 2017

O traxe elixido este curso foi o de superheroe ou superheroína. Como é tradición no noso cole houbo desfile, murgas no palco da praza, degustación de postres típicos e testamento e queima do Meco.