Este curso o Día da Bibliotecas Escolares foi diferente. Aínda que non o puidemos celebrar xuntos na biblio como facemos noutras ocasións, sí realizamos todos a mesma actividade.
En relación co proxecto, lanzouse a seguinte pregunta: Como imaxinas ti o mundo dentro de 50 anos? Lápiz e cores en man coa nosa imaxinación por diante, puxémonos a debuxar como pensamos que poderá ser o mundo alá polo 2070.
Expuxemos os traballos no corredor da biblio e aquí xurdiu a maxia: tantos resultados diferentes como probabilidades hai de que o mundo cambie nestes próximos anos. Talvez no 2070 os robots formen parte das nosas vidas, pode que tamén nos despracemos polo aire de xeito habitual, mais tamén nos percatamos de que se non realizamos un cambio a nivel individual e colectivo é probable que o mundo tal e como o coñecemos agora sexa mellor que no 2070.
Estes debuxos van ser sen dúbida un bo comezo para reflexionar sobre o camiño que debemos tomar.
Cambio positivo ou negativo? Searín opta polo primeiro... e ti? Empezamos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario