Mostrando entradas con la etiqueta pistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pistas. Mostrar todas las entradas

6/3/18

6º E ÚLTIMO DÍA: PISTAS

Último día de pistas:
  • Esta científica galega é especialista en zooplancto e unha autoridade mundial nesta especialidade.
  • Durante as súas investigacións descubriu 22 novas especies.
  • Foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación.
  • O Instituto Español de Oceanografía ten un barco co seu nome.

Recordade que o prazo para selar e entregar os pasaportes remata o día 7 ás 12,15 da mañá.

5/3/18

5º DÍA: PISTAS

Aquí tedes as pistas de hoxe:

  • Un microscopio que lle regalaron de pequena espertou o seu interés pola Ciencia.
  • Se ser muller nun mundo de homes é difícil, ser muller e negra foi o dobre de difícil para esta científica.
  • É unha das oftalmólogas máis importantes da historia.
  • Cos seus inventos (entre eles a sonda Laserphaco) conseguiu curar a ceguera de miles de persoas. 

4/3/18

4º DÍA: PISTAS

Estas son as pistas:

  • Na época en que estudou Matemáticas o software non era tan importante como agora.
  • Sen a súa axuda o home dificilmente tería pisado a Lúa en 1969.
  • A súa filla Lauren, ía con ela ao laboratorio as fins de semana, así pasaban tempo xuntas.
  • O seu lema é: "Non deberiamos ter medo a dicir non o sei ou non o entendo, ou incluso a facer preguntas tontas".

3/3/18

3º DÍA: PISTAS

Esta é a científica de hoxe:

  • O seu pai, que era médico, influiu no seu gusto polas ciencias.
  • Aínda que non era madrileña licenciouse na Universidade Complutense de Madrid.
  • Traballou nos Estados Unidos cun premio nobel español.
  • Fixo moitas aportacións á Ciencia, pero destacan os seus traballos sobre a información xenética e o ADN.

2/3/18

2º DÍA: PISTAS

Aquí tedes as pistas do segundo día:
  • Foi artista, ademais de científica.
  • É máis, as súas fillas, o seu pai, o seu padrastro e o seu home tamén o foron.
  • Naceu antes de que pintasen As Meninas.
  • O científico Linneo mencionaa máis de 100 veces na súa obra Systema Naturae.
  • Aparecía nos billetes do seu lugar de orixe.
  • Poderiamos poner algunha das súas ilustracións, pero mellor cando o averiguedes.

1/3/18

XOGO DE PISTAS POLO DÍA DA MULLER


Iniciamos este mes cun xogo de pistas relacionado co Día da Muller (8 de marzo) e a Ciencia.
Cada día teredes que adivinar quen é a muller científica da que vos falamos aquí.
Vinde pola Biblioteca coas vosas respostas e selarémosvos o "pasaporte" do xogo. Entre os acertantes sortearemos un libro. Animádevos a participar!

        1º DÍA: PISTAS
  • Foi unha dos 300 africanos elixida para estudar en EEUU.
  • Plantou moitas árbores.
  • Gañou un premio moi importante que se otorga nun país nórdico.
  • Foi perseguida polo seu goberno, pero ao final ela tamén formou parte dun goberno.
Esperámosvos na Biblioteca!