DÍA 1: WANGARI MAATHAI (1940-2011)
Bióloga e ecoloxista. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004. Foi a primeira muller en África Oriental e Central en obter un doctorado. En 1977 iniciou o Green Belt Movement para combatir a deforestación: animando ás mulleres a plantar árbores e a pensar de maneira ecolóxica.
Naturalista, exploradora e pintora.
Considerada actualmente como unha das máis importantes iniciadoras da entomoloxía moderna, grazas as súas detalladas observación e descripcións, con ilustración propias, da metamorfose das bolboretas e os seus debuxos de insectos.
DÍA 3: MARGARITA SALAS (1938)
Bioquímica, xenetista molecular e profesora de universidade. Traballou con Severo Ochoa.
As súas aportacións á Ciencia son moitas, pero destaca a súa investigación sobre a enzimoloxía e os seus traballos sobre Xenética e o ADN. O seu traballo é fundamental no desenvolvemento da Bioloxía Molecular en España.
DÍA 4: MARGARET HAMILTON (1936)
Matemática, científica computacional e enxeñeira de sistemas. Entre outros cargos foi responsable do desenvolvemento do software de voo a bordo das computadoras da misión espacial Apolo, sen ela a humanidade non tería chegado á Lúa.
Na foto está co software que enviou o home á Lúa.
DÍA 5: PATRICIA BATH (1942)
Oftalmóloga, inventora e académica. Foi a primeira muller afroamericana en recibir unha patente con finalidades médicas. Propietaria de catro patentes, inventou, entre outras, a sonda Laserphaco, que se utiliza no tratamento de cataratas. Con ela curou a cegueira de millóns de persoas no mundo.
DÍA 6: ÁNGELES ALVARIÑO (1916-2005)
Oceanógrafa galega. Especializouse en zooplancto e foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación británico.
No curso das súas investigacións descubriu doce novas especies de Chaetognata (quetognatos), nove especies de Siphonophora (sifonóforos), e unha nova especie de medusa. En total, 22 novas especies para a Ciencia.
Clicade na imaxe se queredes saber máis cousas sobre ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario