Con motivo do 11 de febreiro, Día da Muller e a Nena na Ciencia e coa intención de levar a ciencia ás aulas, Faro da Escola invitounos a participar a través de Zoom das charlas das científicas do CSIC Cristina Álvarez (da Unidade de Tecnoloxía Mariña) e Lara García (do Instituto de Investigacións Mariñas).
Os máis pequenos (ata cuarto curso) uníronse á primeira charla, e os máis maiores á segunda. Falaron sobre a súa traxectoria, explicaron en que consiste o seu traballo e compartiron fotos e vídeos moi interesantes sobre o mesmo. Ademais os rapaces tiveron ocasión de preguntar as súas dubidas e curiosidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario