Hoxe 2 de Abril realizamos no CEIP Seara varias actividades co fin de concienciar ao alumnado e á toda a comunidade educativa sobre a importancia de apoiar e comprender ás persoas con TEA.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
2/4/25
30/3/25
DÍA DO AUTISMO 2025
O CEIP Seara creou unha instalación, polo día do autismo, que estará colocada a partires do luns día 31 nos xardíns do concello. O TEA é un aspecto da educación, no que o alumnado e o profesorado do CEIP Seara están fondamente implicados.
22/3/24
UN BARCO NO QUE CABEN TOD@S. 2 DE ABRIL . DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACION DO AUTISMO.
"Un barco no que caben tod@s" é o título da instalación artística que realizamos no colexio de Seara polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e que podedes ver nos Xardíns do Concello. O alumnado de sexto curso foi o encargado de realizala e quedoulles espectacular. No resto das aulas realizamos xogos para desenvolver a empatía, a confianza e a capacidade de poñerse no lugar do outro, para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional e as habilidades sociais, así como desenvolver a escoita activa e a comunicación.
Aquí podedes ver o vídeo coas fotos do desenvolvemento das actividades e coa emotiva canción que as rapazas de 5º curso cantan ao final.
2/4/23
PONTE NOS SEUS ZAPATOS. 2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Este é o vídeo que acompaña, a través dun código QR, a instalación artística que colocamos nos Xardíns do Concello de Moaña con motivo do Día da Concienciación sobre o Autismo. Nel podedes ver como a rapazada fixo a instalación e principalmente como probaron a "Poñerse nos seus zapatos".
Ademais o vídeo acompáñase coa lectura dun emotivo texto escrito pola nai dun rapaz con autismo.
1/4/23
INSTALACIÓN NOS XARDÍNS DO CONCELLO
Instalación artística situada nos Xardíns do Concello de Moaña co motivo da celebración do " Día da Concienciación sobre o Autismo". Acompáñase dun video onde aparece o proceso de preparación da obra, ademais da lectura dun emotivo texto escrito pola nai dun rapaz con autismo. Grazas a comunidade educativa por participar e atreverse a camiñar con outros zapatos.
27/3/23
2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Este curso probamos todos a poñernos nos zapatos dos demais, e sobre todo dos compañeiros e persoas con autismo. As fotos montadas nun video formarán parte dunha instalación que colocaremos nos xardíns do Concello. Queremos visibilizar e concienciar sobre o autismo non solo no colexio, se non tamén na comunidade na que vivimos.
22/3/23
BOLBORETAS PARA O AUTISMO. OBRADOIRO DE COSTURA
2/4/22
2/4/20
SEARA CO AUTISMO. FOTOS!
Tamén vos lembro que os nenos e nenas de 4º realizaron un vídeo moi chulo para este día e que podedes velo neste enlace: 4º CO AUTISMO
As teachers tamén se sumaron á campaña. Preme no enlace para velo: SEARA ENGLISH
Os pequerrechos de 6º de Infantil fixeron uns debuxos preciosos para este día! Pica no enlace: 6º DE EI CO AUTISMO



























