Mostrando las entradas con la etiqueta poesía improvisada. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta poesía improvisada. Mostrar todas las entradas

16/4/26

CERTAME DE REGUEIFAS

O mércores 15 de abril a rapazada de 5º de primaria acudiu ao Auditorio Celso Parada para participar nun novo Certame de Regueifas en compañía do resto do alumnado de 5º curso de todos os coles do concello de Moaña. Foi unha experiencia marabillosa e moi enriquecedora.

11/4/26

O ALUMNADO DE 5º CURSO APRENDE A REGUEIFAR

 Na aula de quinto curso o alumnado participou nun obradoiro de regueifas con Pinto d´Herbón e Luis, O Caruncho. A rapazada iniciouse nas regueifas e a súa composición con moito ilusión grazas ao entusiasmo que lle transmitiron estes dous grandes mestres.

6/4/22

PARTICIPAMOS NO CERTAME DE REGUEIFAS

O alumnado de 5º curso, que recibira a formación de Caruncho e Pinto de Herbón no pasado mes de febreiro, participou no Certame de Regueifas organizado polo Concello de Moaña.





21/3/20

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Hoxe é o Día Mundial da Poesía! Aínda que se fai moi raro celebralo dende as nosas casas....
Anímovos a que recitedes algún dos vosos poemas favoritos á vosa familia. 

Dende aquí déixovos unha proposta para elaborar o voso propio poema. Está extraída do libro "Poesía. El primer libro de poemas escrito por ti" de María Isabel Sánchez Vegara.
Simplemente tedes que escoller as palabras que queirades da páxina da esquerda e completalas na dereita. Seguro que o resultado está xenial! 


E recorda !


27/3/19

POESÍA IMPROVISADA EN CUARTO

Neste mes da poesía os rapaces e rapazas de cuarto estiveron regueifando. Abaixo podedes escoitar o ben que o fan.