Esta actividade realizou a profe Luisa na aula de 3, 4 e 5 anos, en diferentes formas de xogo grupal co seguinte material:
1- Serpe curta: composta pola saída (cola) e 6 cadrados, cada un dunha cor. Esta serpe ten un punto de movemento no medio.
2- Serpe longa: composta pola saída (cola) e 12 cadrados, con seis cores repetidas. Esta serpe ten tres puntos de movemento ao longo dela.
3- Dado: de seis cores, un en cada cara, as mesmas que a serpe.
Hai diferentes modalidades de xogo, empezando na aula de tres anos coa serpe curta, e na aula de cinco anos coa longa. Do máis fácil ao máis difícil, as actividades que fixeron son:
- Serpe curta recta, por grupos de nenos. En cada quenda, o neno que lle toque tira o dado. O Escornabot sae dende a cola e ten que avanzar ata a cor que lle saíu.
- Serpe curta dobrada. En cada grupo de nenos, ó que lle toque tira o dado e avanza dende a cola ata a cor que lle saíu. Pode xirar na esquina se a cor que lle tocou está posterior á esquina.
- Serpe longa recta. En cada grupo, o neno que lle toque tira o dado e avanza ata a cor que saíu. O seguinte neno tira o dado e empeza dende onde quedou o Escornabot da quenda anterior. Deste xeito, pode avanzar cara adiante ou cara atrás.
- Serpe longa facendo un cadrado (a punta da cola está tapada pola cabeza). En cada grupo de nenos, o que lle toque tira o dado e avanza dende un cadrado calquera ata a cor que lle saíu no dado. Nesta serpe van avanzando e teñen que xirar nas esquinas.
- Serpe longa non recta. En cada grupo, o escornabot comeza na cola e vai avanzando ata a cor que saíu. Como a serpe non é recta, cando o neno que lle toque chega a unha esquina, ten que xirar nesa esquina. O neno que lle toque a quenda, pode colocar a serpe como queira.
- Serpe moi moi longa, é dicir, pegamos moitas serpes unha a continuación da seguinte para crear unha única serpe en forma de cadrado ou rectangular xigante. Colócanse tres ou catro escornaots ao longo da serpe e, por quendas, tiran o dado e avanzan ata chegar a cor que lles tocou. O divertido é que algúns dos escornabots chegan a atoparse con outro, se enfrontan e os nenos teñen que salvar a situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario