Mostrando entradas con la etiqueta lendas de medo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lendas de medo. Mostrar todas las entradas

3/11/24

SAMAÍN 2024

Nestes días de Samaín os obradoiros deron moito xogo: obradoiro de luz negra, a nosa amiga a escuridade, creación de contos de medo e horribeis historias de sombras, pintura de caras, contos de luces e sombras, mesas sensoriais e de xogos de mesa. Lectura e interpretación de contos terroríficos e divertidos, gravacións na radio, exposición de cabazas... E cando por fin chegou o día disfrazámonos, fomos pedir o migallo e recibimos o agasallo correspondente, escoitamos historias de medo, librámonos dos medos na "cabaza come medos" e ao rematamos... como non! Cunha merenda chea de alimentos horripilantes e deliciosos.

O Samaín en Seara cada ano máis terrorífico!

17/11/17

A LENDA DA POZA DA MOURA

O alumnado de Cuarto cóntanos neste vídeo a lenda da Poza da Moura a través dos seus debuxos:

31/10/17

LENDAS DE MEDO POLO SAMAÍN

Este ano investigamos cales eran as lendas de medo de Moaña e do resto do Morrazo. Abaixo tedes un pequeno resumo do resultado final do traballo.
Gustaríanos dar as grazas a todas as familias pola axuda na recopilación das lendas e na concreción delas cos nenos máis pequenos. Unha vez máis a vosa colaboración foi marabillosa!