Toda a rapazada de segundo curso de todos os colexios de Moaña celebrou hoxe o Día da árbore. Este ano organizouno a Comunidade de Montes de Domaio, e a plantación levouse a cabo na zona de Chan do Porco, moi preto da Poza da Moura. Ademais da plantar árbores autóctonas e probar as mangueiras dos bombeiros forestais todos gozaron dun "Consiertaso" de Brais das Hortas.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
28/2/23
VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA
O alumnado de 3º e 4º curso foi hoxe ao Museo de Pontevedra onde poido gozar das obras de arte que hai alí.
27/2/23
26/2/23
REMATA O ENTROIDO
25/2/23
INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN CON MICROBIT
24/2/23
23/2/23
16/2/23
15/2/23
Maxia en Infantil
A convivencia entr o alumnado de Educación Primaria e Infantil ten un lugar prioritario na organización do centro. Os maiores do colexio preparan pequenas propostas para os máis pequechos/as e isto failles desenvolver o sentido da responsabilidade, empatía, oratoria e outras habilidades sociais tan importantes hoxe en día. Desta volta, un alumno de sexto realizou un espéctaculo de maxia para todo Infantil.
Grazas, Borja!
12/2/23
A ARTE EN VERTICAL
A arte en vertical é unha maneira diferente de pintar, escribir , debuxar e tamén de escoitar recitados de poemas gardados en códigos QR que favorece a coordinación óculomanual. mellora o tono muscular , a orientación espacial ...
11/2/23
10/2/23
Lip Dub polo Día da Paz
Todo o alumnado do cole participou no Lip Dub que realizamos con motivo da celebración do Día escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro, ao ritmo da canción "No mundo" de Luar na Lubre.
Esperamos que vos guste!
9/2/23
GAÑADORES DO CONCURSO "A SUPERCASA"
Parabéns a Enzo e Julia de segundo curso por ser premiados no concurso organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Deixaron voar a imaxinación e crearon estas "supercasas".
INVERNO EN INFANTIL
En Educación Infantil descubriron o inverno, observando, tocando e sentindo. Os nenos e nenas gozarpn moito desta estación do ano na que, a pesares do frío, se nos presenta unha ampla gama de posibilidades perceptivas e sensoriais.
8/2/23
A QUE SABE A LÚA?
Durante varias sesións os alumnos de 2º de E.P. traballaron o conto “A QUE SABE A LÚA” realizando diversas actividades, que axudaron a favorecer o diálogo, promover as competencias persoais e sociais como a empatía, identificación/expresión emocional, o compañeirismo, o esforzo, o traballo en equipo, a creatividade…
Como actividade final fixeron un mural onde, “construímos” unha MONTAÑA DE AMIGOS para alcanzar un anaquiño de lúa e imaxinar a que sabería e que fariamos con ela. Todos decidiron: COMPARTILA
7/2/23
6/2/23
A tribo dos ecobechos
Desta volta, os máis pequerrechos/as do cole aprenderon a importancia do compost.
Que ben o pasaron cos bailes dos Ecobechos!
4/2/23
QUEN VIVE AÍ?
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º estivo na procura de pequenos organismos, descubriron o que se agocha entre o compost e as súas vantaxes.
3/2/23
Xogo da miñoca
2/2/23
DÍA DA CHANDELEUR EN SEXTO
O dous de febreiro celébrase en Francia o Día da Chandeleur ou "Día da filloa". O alumnado de 6º de Primaria celebrouno elaborando unhas deliciosas crepes coa nova cociña de inducción de Polos Creativos.
Ademais de aprender francés traballaron nocións lóxico-matemáticas necesarias para a elaboración dunha receta (pesar, medir, calcular...).
1/2/23
Searín Informa - FEBREIRO
Chegaron as novidades de febreiro! E este mes temos varios xogos de mesa cos que o ides pasar xenial. Lembrade que podedes vir á biblioteca todos os recreos para probalos!