Mostrando las entradas con la etiqueta artistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta artistas. Mostrar todas las entradas

9/2/23

GAÑADORES DO CONCURSO "A SUPERCASA"

Parabéns a Enzo e Julia de segundo curso por ser premiados no concurso organizado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Deixaron voar a imaxinación e crearon estas "supercasas".


INVERNO EN INFANTIL

En Educación Infantil descubriron o inverno, observando, tocando e sentindo. Os nenos e nenas gozarpn moito desta estación do ano na que, a pesares do frío, se nos presenta unha ampla gama de posibilidades perceptivas e sensoriais.

11/2/21

ITINERARIOS LECTORES: OS MEGATOXOS

O alumnado de sexto está inmerso na lectura do libro "Os Megatoxos e o aprendiz de druída" do escritor Anxo Fariña. Gustoulles tanto que decidiron realizar ilustracións da obra en distintos soportes: lousa, papel ou lenzo, e así poder expoñelas na nosa biblioteca acompañando ao libro. Incluso gravaron un vídeo coa representación dun anaco da obra que sen dúbida vos animará a ler o libro!

Hai que ver que artistas tan grandes temos no noso cole! Parabéns polo traballo e grazas por compartilo con todos nós!!