Aquí vos deixamos unha pequena mostra da celebración do día do Entroido no noso cole. Como xa vén sendo tradición, cada curso cantou a murga que creou na súa clase. Este ano, como non podía ser doutra maneira, o tema máis comentado foi a nosa vivencia co Covid-19. Os maiores do cole ademais construíron un "coronameco", leron o seu testamento e todos asistimos á súa queima.
Esperamos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario