Mostrando entradas con la etiqueta testamento do Meco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta testamento do Meco. Mostrar todas las entradas

16/2/26

ENTROIDO EN SEARA

Este ano, por mor do mal tempo, non fixemos o tradicional desfile de Entroido ata o centro de Moaña para cantar as murgas que compoñemos nestas datas. Pero isto non impediu que as actuacións das murgas se fixeran dentro do cole, que disfrutáramos das tradicionais merendas de entroido, que os nenos e nenas de sexto leran o testamento do meque, nin que queimáramos a este con gran gozo por parte de tod@s. Viva o Entroido de Seara!!!

Abaixo podedes ver algunhas fotos dos distintos cursos e da celebración máis abaixo. Na entrada anterior do blog podedes escoitar as murgas. 











23/2/21

CELEBRAMOS O ENTROIDO!

 Aquí vos deixamos unha pequena mostra da celebración do día do Entroido no noso cole. Como xa vén sendo tradición, cada curso cantou a murga que creou na súa clase. Este ano, como non podía ser doutra maneira,  o tema máis comentado foi a nosa vivencia co Covid-19. Os maiores do cole ademais construíron un "coronameco", leron o seu testamento e todos asistimos á súa queima. 

Esperamos que vos guste!

4/3/19

AS NOSAS MURGAS DE ENTROIDO E O TESTAMENTO DO MECO

Aquí podedes botarlle unha ollada ás murgas que os distintos grupos escribiron para a celebración do Entroido:

 E aquí tedes o Testamento do Meco